Proceso selectivo: fontaneiros

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha lista para a contratación laboral temporal de fontaneiros. 

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación. 

As bases da convocatoria publicaronse no BOP nº 162 do xoves 26 de agosto de 2021.

Publicada a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as (15/09/2021), que pode consultase aqui

As persoas interesadas teñen un prazo de CINCO días hábilies para a presentación de enmendas

 

Presentación de solicitudes

As persoas que desexen tomar parte nesta selección deberán presentar as súas instancias co modelo de ANEXO que se pode descargar nesta páxina, a través do Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

O prazo para a presentación de solicitudes é de DEZ días hábiles a contar dende o dia seguinte ao da publicación do anuncio no BOP. 

 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter a nacionalidade española ou outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade. 

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa. 

- Posuír as capacidades e aptitudes físicas para o desempeño das funcións. 

- Posuír a formación de, como mínimo, Graduado Escolar, Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional de primeiro grao ou equivalente. 

- Estar en posesión do permiso de conducir clase B. 

 

|