Proceso selectivo: Policía Local - mobilidade

O Concello de Boiro aproba as bases da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de Policía Local (funcionario de carreira) - quenda de mobilidade horizontal. 

O Boletín Oficial da Provincia núm. 190 do martes 5 de outubro de 2021 publica as bases da convocatoria

O Boletín Oficial do Estado nº246 do xoves 14 de outubro publica o anuncio da convocatoria

Publicada a relación provisional de admitidos/as (24/11/2021), que pode consultarse aqui

Publicada a relación definitiva de admitidos/as (07/01/2022), que pode consultarse aqui

Publicadas as puntuacións provisuionais (03/03/2022), que poden consultarse aqui

Publicadas as puntuacións definitivas e proposta de nomeamento (23/03/2022), que pode consultarse aqui

 

Presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial do Estado. 

Prazo de solicitudes aberto ata o 12/11/2021. 

 

Requisitos das persoas aspirantes

O proceso selectivo farase mediante concurso e, as persoas aspirantes, deberán reunir unha serie de requisitos: 

- Estar en posesión do título de bacharel ou técnico. 

- Acreditar estar en posesión dunha categoría igual á da convocatoria como funcionarios/as de carreira, así como antigüidade mínima de 3 anos. 

- Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B. 

- Non ter sido condenado por delito nin estar inhabilitado para o servizo. 

- Compromiso por escrito de portar armas durante o servizo. 

- Posuír capacidade funcional para o desempeño de tarefas

|