Proceso selectivo: peón forestal 2022

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación dun peón forestal en modalidade de persoal laboral temporal, durante 9 meses. 

A Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Emprego e Igualdade concedeu ao Concello de Boiro unha subvención para o fomento de emprego no medio rural por importe de 28.750 euros para a realización do servizo de "Valoración forestal das franxas secundarias de prevención de incendios con frondosas autóctonas na parroquia de Boiro". 

O sistema de acceso será mediante oposición libre e o contrato de traballo formalizarase baixo a modalidade contractual laboral temporal. 

Para participar deste proceso selectivo, as persoas aspirantes deberán inscribirse como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia

Publicada a relación inicial de persoas admitidas e excluidas (06/08/2022), que pode consultarse aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluidas (08/06/2022), que pode consultarse aqui

Publicadas as puntuacións provisionais da fase de oposición (09/06/2022), que poden consultarse aqui

Publicadas as puntuacións definitivas e proposta de contratación de peón forestal (13/06/2022), que poden consultase aqui

 

Requisitos das persoas aspirantes 

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario

- Ter cumpridos os 16 anos

- Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas para o desempeño das funcións

- Estar en posesión do certificado de escolaridade, estudos primarios ou equivalente 

- Non ter sido contratadas por un período igual ou superior a nova meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2021

 

Presentación de solicitudes

Unha vez mantida a primeira xuntanza coas persoas candidatas, inscritas no Servizo Público de Emprego, as persoas interesadas terán un prazo de cinco días hábiles para presentar as instancias e documentación no Rexistro Xeral do concello de Boiro ou na sede electrónica. 

 

|