Proceso selectivo: bolsa de emprego de peóns de servizos varios para programas de integración laboral

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de peóns de servizos varios para programas de integración laboral. 

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre. 

O BOP núm. 53 do 20 de marzo de 2026 publica as bases da convocatoria, que se poden descargar AQUI

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (01/04/2026), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitica de persoas admitidas e excluídas (10/04/2026), que se pode consultar aqui

Publicadas as puntuacións provisionais (17/04/2026), que se poden consultar aqui

O prazo de alegacións é de DOUS DIAS contados a partir da publicación das puntuacións. 

 

Requisitos das persoas candidatas

 - Ter a naciolaidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder de aquela para a xubilación forzosa. 

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade 

- Non se despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Estar en posesión de, como mínimo, 2º da ESO ou equivalente

- Estar en situación de desemprego 

 

Prazo e presentación de solicitudes 

 

O prazo de presentación de solicitudes será de CINCO DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases e convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. 

A instancia de solicitude e toda a documentación requerida deberá presentarse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

|