Proceso selectivo: persoal docente e directivo Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V (2026/2027)
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a selección do persoal docente e directivo do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V que se vai desenvolver no curso 2026/2027.
O BOP núm. 81 do 4 de maio de 2026 publica a convocatoria.
O BOP núm. 86 do 11 de maio de 2026 publica unha corrección de erros nas bases.
Pódense consultar as bases ínegras AQUI.
Requisitos xerais
- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público
- Non padecer enfermidade ou defecto físico nin psíquico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo
- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública
- Non incorrer en causa e incompatibilidade ou de incapacidade
Requisitos específicos
- Director/a
Idade: ter 16 anos ou mais e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa
Titulación: estar en posesión do título universitario oficial de grao
Requisitos lingüísticos: posuír o título acreditativo do nivel de lingua galega CELGA 4
Permiso de conducir: B
- Mestres/as de obradoiro
Idade: ter 16 anos ou mais e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa
Requisitos lingüísticos: posuír o título acreditativo do nivel de lingua galega CELGA 4
Permiso de conducir: B
Titulación:
• Estar en posesión de titulo de grado universitario, licenciado ou licenciada, Enxeñeiro ou Enxeñeira e Arquitecto ou Arquitecta, ou titulación equivalente ou, no seu caso, a titulación de Formación Profesional que, a efectos de docencia, se determine, de acordo coa normativa que regulan os certificados de profesionalidade relativos ao proceso selectivo que se presente:
• Pertencer ás especialidades docentes habilitadas para impartir formación profesional no sistema educativo.
• Ter a experiencia profesional de, ao menos, o que se indique en cada certificado
Prazo e presentación de solicitudes
As persoas interesadas en formar parte deste proceso deberán presentar as súas instancias (dispoñibles nesta páxina) no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro, acompañadas da documentación acreditativa de cumprir cos requisitos para o posto.
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases.
