Novo camión de recollida de lixo

Boiro sostible 2030

O Alcalde recepcionou esta mañá o novo camión adquirido para o servizo municipal de recollida de lixo. O vehículo está dotado cun sistema de baixas emisións contaminantes e tecnoloxía AdBlue que ademáis permite unha importante redución no consumo. Con esta nova adquisición o Concello de Boiro sigue atendedo as recomendacións da “Estratexia de sustentabilidade ambiental – Boiro sostible 2030” que se está implementando.

|