Subvención para financiar os gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura no ano 2026
O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención por importe de 14.475,00 euros para financiar os gastos do persoal técnico nos servizos municipais de cultura durante o ano 2026.
O importe da subvención vaise destinar a financiar os gastos de mantemento do persoal técnico que desenvolve as funcións do departamento como a programación da actividade cultural durante todo o ano e en festividades concretas; así como a xestión dos centros sociais e coordianción das distintas actividadades que se desenvolven programadas polas entidades culturais.

