Mercado da Serea

DATA: Sábado 19 de xuño

HORARIO: 11-21h

LUGAR: Exteriores do Pazo de Goiáns

Escolleuse este entorno por ser un espazo fortemente vinculado ao pobo de Boiro, polo seu valor histórico, cultural e arquitectónico  e polo entorno natural en que está inmerso.

A SEREA, figura escollida para dar nome ao Mercado, pola vinculación dos Mariño co Pazo de Goiáns e pola fermosa lenda da serea de Sálvora (1). Aínda que non se conserva, había unha serea na emblemática fonte do xardín.

OBXECTIVO:

Xerar un espazo de oportunidades para  profesionais do mundo da artesanía, as artes e o deseño onde se visibilice o traballo e talento creativo e innovador de artistas e profesionais da artesanía, especialmente de Boiro e comarca.

AFORO: total 300 persoas

PROGRAMACIÓN:

  • MERCADO DE ARTESANÍA: o 20 postos: dos cales, 5 de Boiro e 2 máis da comarca.
    • Diferentes produtos: ilustración, xoiería, roupa de autora, complementos, cerámica, coiro, estampación, instrumentos musicais, escultura e cervexa artesanal.
    • Criterios que se tiveron en conta:
      • Os requisitos dos postos e a pertenza ao Concello ou comarca, o contar ca carta de artesanía de Galicia, así como a calidade, innovación e características dos produtos.
      • No caso dos postos de gastronomía, contar con selos de calidade. ü Equilibrio de participación por oficios e produtos.

 Acceso sen inscrición previa

  • OBRADOIROS PATROCINADOS POR ARTESANÍA DE GALICIA:

o Cianotipia: técnica artesanal de impresión de negativos en monocromo (cian) . Imparte María José Martínez

o Gyotaku: Técnica tradicional xaponesa de estampación con peixes. Imparte María José Martínez

o Estampación: Creación de selos e estampación en tecidos. Imparte Sandra Betanzos de Amorote

 Acceso sen inscrición previa (acceso segundo aforo do momento)

  • EXPOSICIÓN DA ARTISTA PAOLA MAGALI

o Grafitti 

 Acceso sen inscrición previa

  • CONCERTOS (grupos locais) o 12:30h Mallou o 19:30h The cuncas

 Acceso con inscrición previa (aforo 100 persoas). Poderase facer un máximo 6 persoas por reserva. o Organizarase ás persoas asistentes en mesas segundo as reservas realizadas. 

The Cuncas https://forms.gle/w347LQ6BXfpvKwYh6 

Mallou https://forms.gle/kiSaHm49QA7EjeWP8

POSTOS PARTICIPANTES:

  • Milena joyas
  • Deica Creacións
  • Arco da vella
  • Amorote
  • Jatafarta
  • Conloquetengo
  • Salsa Gaucha
  • Os Alegres
  • Alén das olas
  • Xurelo asmático
  • Redeiras Illa da Estrela
  • Tejeluz
  • Imprimitresde  
  • Da ría Luv
  • Carracuca
  • Jardinería Espiñeira
  • Pedras de papel
  • Raposiñas 
  • Guitarras Vieites
  • Cervexas Meiga

 

 

|