Bases dos sorteos nas RRSS de Turismo

A Concellería de Turismo do Concello de Boiro organiza un concurso que se vai realizar a través das redes sociais do departamento na que se van a sortear unha serie de artigos de artesanía elaborados por artesáns locais para contribuír á súa promoción e difusión. 

A iniciativa conta coa colaboración de Artesanía de Galicia e con ela vanse sortear un xogo de botellas decorativas de vidro reciclado de Tejeluz, unha boneca de Wooding, un arranxo de guitarra ou baixo de Guitarras Vieites, e un sancosmeiro de José Luís García Pérez. 

Os sorteos vanse realizar nas páxinas de Facebook e Instagram de Boiro Turismo e para participar é necesario seguir a páxina de turismo, a de Artesanía de Galicia e a do artesán do producto que se sortea. 

Descarga as bases de participación dos concursos aqui. 

PROGRAMA “VIVE BOIRO 2021”

BASES PARA A REALIZACIÓN DE SORTEOS E PROMOCIÓNS TURÍSTICA DO CONCELLO DE BOIRO NO 2021

Organizadora

O departamento de turismo do Concello de Boiro con domicilio en Praza de Galicia, s/n 15930 – Boiro, A Coruña, realizará diferentes concursos e sorteos a través das súas redes sociais con interese en promocionar a cultura local, a historia, o turismo, o deporte, o comercio e a artesanía do termo municipal do Concello de Boiro.

Desvinculación con respecto a Facebook e outras empresas ou portais 

Facebook non patrocina, avala nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado a ela. A persoa usuaria desvincúlase totalmente de Facebook e é consciente de que está proporcionando a súa información ao concello de Boiro e non a Facebook. A información que proporcione empregarase para comunicarlle o premio.

Requisitos de participación

Poderán participar todas as persoas físicas maiores de 18 anos que sexan seguidores da páxina de Facebook oficial do departamento/concelleira de turismo do Concello de Boiro cun perfil de usuario real nesta rede social. Non poderán participar perfiles fraudulentos.

Duración

A data de comezo do sorteo será dende o día seguinte á publicación en RRSS de cada sorteo ou concurso e data fin se indicará no momento da publicación.

Mecánica do concurso

Mecánica de participación nos concursos e sorteos:

1. Seguir a páxina de Boiro Turismo (https://www.facebook.com/boiroturismo/)

2. Seguir a páxina do establecemento/empresa/fundación da experiencia/produto que se sortea, de ser o caso.

3. Nomear na mesma publicación a unha persoa.

4. Compartir no teu muro esta publicación

Selección dos galadores/as, comunicación e entrega

Cada persoa gañadora será elixida de forma aleatoria entre todas as persoas a través dunha plataforma na rede, ou mediante o medio físico ou dixital que se estime en cada convocatoria, sorteo ou concurso.O nome do gañador/a ou gañadores/as publicarase a través das redes sociais de boiroturismo (Facebook e Instagram), a cal debe poñerse en contacto coa Oficina de Turismo de Boiro para concretar as condicións de entrega do premio.

Premio

Os premios variarán segundo a convocatoria: experiencias, estancias en aloxamentos en Boiro, ceas en hostalería local, vales de compra no comercio local, produtos de artesanía, etc. Aqueles premios que conleven unha contía implícita (vales de compra, estancias en aloxamentos ou experiencias) poderanse consumir durante todo o ano 2021 baixo reserva previa, comunicación e dispoñibilidade do establecemento participante e comunicación na Oficina de Información Turística do Concello de Boiro.

Protección de datos

Os datos subministrados polas persoas participantes serán tratados conforme a normativa aplicable, cuxa finalidade será simplemente poñerse en contacto coa persoa gañadora.

Aceptación das bases

A simple participación no concurso implica a aceptación das presentes bases, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas implicará a exclusión da persoa participante e como consecuencia do mesmo, o Concello quedará liberado do cumprimento da obriga contraída con dito participante.

 

|