Mulleres e Saúde | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través do Centro de Información a Muller (CIM) de Boiro, organiza un programa de actividades denominado "Muller e Saúde". 

Faladoiro "A saúde das mulleres na menopausia" 

Mércores 9 de novembro de 17.00 a 20.00 horas, Centro Social de Boiro. 

Imparte: Iria Cierto Buján, matrona. Escola Galega de Saúde para Cidadáns. 

*servizo de ludoteca para facilitar a conciliación. 

 

Obradoiros "Encantada de coñecerme". Saúde sexual para mulleres adultas 

Sábados 12 e 19 de novembro de 11.00 a 13.00 horas, Centro Social de Boiro. 

Imparte: Jeane Costa, sexóloga. SEDRA - Federación de Planificación Familiar. 

*servizo de ludoteca para facilitar a conciliación. 

 

Faladoiro "Endometriose, a epidemia oculta" 

Mércores 23 de novembro de 17.00 a 19.00 horas, Centro Social de Boiro. 

Imparte: Verónica Ramilo Graña, sexóloga. Asociación QuerENDO, Mulleres con endometriose. 

*servizo de ludoteca para facilitar a conciliación. 

 

Xornada "Menstruación sostible" 

Sábado 26 de novembro de 11.00 a 13.00 horas. 

Organizada polo Foro Ecolóxico de Boiro. 

 

Asesoramento sexolóxico 

Servizo individualizado, confidencial e anónimo facilitado por SEDRA - Federación de Planificación Familiar.

698 126 048 e Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Máis información

Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro. 

981 37 75 59

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

*actividades de balde

 

|