Pleno ordinario do 27 de novembro de 2025 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves día 27 o Pleno ordinario correspondente ao mes de outubro.
A sesión terá lugar ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro e poderase seguir en directo a través da canle de YouTube.
Orde do día da sesión:
- Aprobación da acta da sesión do 23/10/2025
- Aprobación definitiva da modificación da ordenanza fiscal nº28
- Aprobación inicial do regulamento de funcionamento e réxime interno do coworking e do viveiro de empresas “Lab Barbanza” do Concello de Boiro.
- Moción presentada polo grupo municipal do BNG relativa á reivindicación do día 25 de novembro e á necesidade de incrementar os recursos públicos para facer fronte á violencia machista.
- Moción presentada polo grupo municipal de Boiro Novo para completar a terceira fase do saneamento de Coroño.
- Moción presentada polo grupo municipal do PP para a modificación da ordenanza fiscal reguladores do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI)
- Moción presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa ao canon da auga recadado por Augas de Galicia.
