Campamento de Nadal 2025 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro desenvolve unha nova edición do Campamento de Nadal 2025, un servizo dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos escolarizados, co obxectivo de facilitar ás familias un recurso de conciliación con horarios flexibles e axustado ás súas necesidades, á vez que se desenvolve unha alternativa lúdica, formativa e integradoras de ocio e tempo libre.
As actividades a desenvolver estan baseadas en técnicas de intervención participativas e activas nas que se fomenta a creatividade e os valores de respecto e solidariedade con enfoques non sexistas.
O campamento terá lugar nas instalacións do CEIP Santa Baia entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro (agás sábados, domingos e festivos) nos seguintes horarios (a elixir un):
- de 8.00 a 14.00 horas
- de 10.00 a 14.00 horas
Consulta as bases AQUI.
Publicada a relación de persoas admitidas e excluídas, que se pode consultar aqui.
Para formalización da matrícula é preciso efectuar o pago da taxa antes do xoves 18 de decembro.
Tarifas
70 euros para o horario de 8.00 a 14.00 horas
50 euros para o horario de 9.00 a 14.00 horas
Desconto do 50% para segundo irmán e sucesivos. Desconto do 80% para persoas en exclusión social.
Inscricións
Prazo de inscrición do 1 ao 11 de decembro mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro.
Pago da tarifa para formalizar a matrícula unha vez publicada a lista definitiva de persoas admitidas.
Máis información
Departamento de Educación
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
981 84 84 25
