XXI exposición da Camelia Sasanqua e outras | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra os días 13 e 14 de decembro a XXI exposición da Camelia Sasanqua e Outras, que se desenvolverá no local multiusos do mercado municipal de Boiro.

 

PROGRAMA 

Sábado 13 de decembro 

17.00h - plantación dun exemplar de Camelia Sasanqua no Pazo de Goiáns 

17.30h - apertura institucional da mostra coa Escola de Musica de Boiro 

20.00h - peche da exposición 

Domingo 14 de decembro 

11.00h - apertura da exposición 

11.30h - Palilleiras Revoloteir@as 

14.00h - peche da exposición 

17.00h - apertura da exposición 

17.30h - espectáculo familiar: "C@nto contigo" Paco Nogueiras 

20.00h - peche da exposición 

Ademais haberá unha exposición de Rosa Crespo “Pintando y disfrutando entre camelias” e postos de artesanía como Artesanía Mosaico en Caços de Portugal, Orfebrería Hedra de Vilaboa, e Flor de Camelia Licores de Camelia de Portugal.

 

|