Xornadas en homenaxe aos boirenses fusilados en Boisaca en 1937

O Concello de Boiro colabora coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza na organización, os días 21 e 22 de febreiro, dunhas xornadas en homenaxe ás persoas boirenses fusiladas no cemiterio de Boisaca en 1937. 

PROGRAMA

Sábado 21 de febreiro - Pazo de Goiáns 

11.00h - inauguración institucional das xornadas

Conferencias históricas: 

  • A represión franquista en Boiro e na comarca do Barbanza (1936-1939). Antonio Míguez
  • As vítimas boirenses de Boisaca: biografías e contexto histórico. José Deira - Rocío L. Yáñez

Coloquio: 

  • Dialogo con familiares das víimas e investigadores locais

12.30h - pausa café

13.00h - roteiro polos lugares da memoria de Boiro, guiado por especialistas e membros da CRMH

Domingo 22 de febreiro - Cemiterio de Boisaca (Santiago de Compostela) 

12.00h - acto conmemorativo en lembranza das persoas boirenses fusiladas en 1937

  • intervencións institucionais e de familaires 
  • inauguración do monumento memorial 
  • lectura dos nomes das oito vítimas
  • ofrenda floral diante do monumento memorial 
  • peche musical 
|