8M, Día Internacional da Muller | Concello de Boiro

O Concello de Boiro conmemora o Día Mundial da Muller cunha lectura dun manifesto coa participación de entidades do municipio, charlas e talleres que se desenvolverán durante todo o mes.

 

Venres 6 de marzo (Concello de Boiro) 

11.00h - Lectura do manifesto institucional 

11.30h - presentación mostra visual e fotográfica "Pegadas que inspiran: mulleres transformadoras onte, referentes hoxe" 

12.00h - performance visual e danza contemporánea con Ámbar e CenPliés 

Sábado 7 de marzo 

16.00h - charla "Muller e autismo: por que acontece o desequilibrio de xénero no diagnóstico?" con Maria Tubío Fungueiriño (psicóloga investigadora en Grupo de Medicamento Xenómica) no Centro Social de Boiro

17.00h - conversas acompañadas "Mulleres e diagnóstico tardío" con Ingrid Mosquera Gente (docente, investigadora e divulgadora) no Centro Social de Boiro

20.00h - teatro musical "Non estamos tolas" no Centro Social de Abanqueiro 

 

Programa Muller e Saúde 

Mércores 4 de marzo, 16.00 a 18.00 horas - Centro Social de Boiro: Ciberviolencia e control dixital

Venres 13 de marzo, 16.00 a 20.00 horas - Centro Social de Abanqueiro: Complementación na alimentación 

Mércores 18 de marzo, 16.30 a 18.30 horas - Centro Social de Boiro: Sobrecarga dos coidados

Mércores 25 de marzo, 16.30 a 18.30 horas - Centro Social de Abanqueiro: Xestión emocional do duelo 

Venres 27 de marzo, 16.00 a 20.00 horas - Centro Social de Abanqueiro: Educación emocional e técnicas de relaxación

 

 

 

|