Obradoiro de Emprego xestión forestal Torre Goiáns | Concello de Boiro

O Concello de Boiro vai contar para o curso 2021-2022 cun Obradoiro dual de Emprego en xestión forestal nomeado como Obradoiro de Emprego Xestión Forestal Torre Goiáns - Boiro e que se vai impartir entre os meses de outubro de 2021 e xullo de 2022. 

A formación estará dividida en dúas especialidades: 

- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes

- Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas

 

O Obradoiro de Emprego Xestión forestal Torre Goiáns - Boiro vaise levar a cabo mediante o financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade, ao abeiro das saxudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia. 

 

Alumnado traballador 

Ofertánse un total de 20 prazas para o alumnado traballador, dividido nas dúas modalidades que se ofertan. 

O alumnado traballador terá un contratrato de traballo para formación e aprendizaxe a tempo completo, de 40 horas semanais. 

O horario será de 7.30 a 15.30 horas

Requisitos

- Ter 18 anos 

- Estar inscrito como demandante de emprego na Oficina de Emprego

- Solicitar "obradoiros de emprego" na Oficina de Emprego 

 

Persoal docente 

Para o desenvolvemento do obradoiro vaise realizar a contratación de persoal docente. Para a contratación deste persoal vaise abrir un prazo de convocatoria pública. O persoal que se vai contratar é o seguinte: 

- 1 director/a (xornada completa que tamén fará funcións de mestre de formación en xestión empresarial) 

- 1 mestre para a especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (a xornada completa) 

- 1 mestre para a especialidade de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas (a xornada completa). 

- 1 titor/a docente ao 70% da xornada. 

 

Máis información

Oficina de Orientación Laboral do Concello de Boiro

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

981 84 26 09

 

PEL Emprego Sustentable - Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña, a través do proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, ofrece distintos itinerarios formativos co obxectivo de crear emprego no ámbito rural. 

Esta liña de actuación contempla accións en sectores como son a atención sociosanitaria, a teleasistencia, dinamización comunitaria ou guía por itinerarios de baixa e media montaña. 

 

Itinerarios formativos

Atención sociosanitaria (inscricións ata o 3 de setembro as 14:00 horas)

Atención sociosanitaria (inscricións ata o 13 de agosto as 14:00 horas)

Xestión de chamadas de teleasistencia (inscricións ata o 3 de setembro as 14:00 horas)

Dinamización Comunitaria (inscricións ata o 3 de setembro as 14:00 horas) 

Guía por itinerarios de baixa e media montaña (inscricións ata 17 de setembro as 14:00 horas) 

 

Máis información sobre os itinerarios aqui

 

Requisitos das persoas participantes 

  • Ter cumpridos os 16 anos de idade.
  • Estar empadroado/a nalgún dos concellos do proxecto.
  • Cumprir cos requisitos de acceso á formación adscritos a cada unha das acciones formativas.
  • Pertencer a algún dos seguintes colectivos: Persoas desempregadas de larga duración (PLD). Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ) Persoas maiores de 55 anos. Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación. Persoas inmigrantes. Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas. Outros colectivos desfavorecidos como: participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar. Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais Municipais.

 

Máis información

Servizo de Orientación Laboral do Concello de Boiro

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

981 84 26 09

 

Bases reguladoras do proceso selectivo de peón forestal

Bases reguladoras do proceso selectivo de técnico forestal - Fomento de emprego

Bases reguladoras do proceso selectivo de socorristas - Fomento de emprego

Bases reguladoras do proceso selectivo para a selección de socorristas acuáticos en espazos naturais - Fomento de Emprego- persoal laboral temporal.

Os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal por obra ou servizo e o sistema de acceso será mediante oposición libre. 

A regulación do procedemento para a cobertura con carácter laboral temporal de, como máximo 15 socorristas acuáticos en espzos naturais, estando condicionado este número de contratacións ás que realmente se concedan na Resolución de concesión de subvención da Consellería de Emprego e Igualdade polo que se establecen as bases reguladoras paa a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración. 

 

Relación provisional de admitidos/as e excluidos/as no proceso selectivo de socorristas, que pode consultarse aqui

Relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo de socorristas, que pode consultarse aqui

Puntuacións do exame e proposta de contratación, que pode consultarse aqui

 

 

|