Rectificación: Proceso selectivo contratación de auxiliares de policía local

O 28/03/2019 o Concello de Boiro publicou anuncio relativo a proceso selectivo para a contratación laboral temporal de catro auxiliares de policía local durante seis meses, dando un prazo de presentación de solicitudes ata o 08/04/2019 ás 13:30 horas.
Por medio deste anuncio procédese á corrección do prazo de remate de presentación de instancias, que queda fixado no día 11/04/2019 ás 13:30 horas.
Tanto as bases como a instancia de solicitude desta convocatoria están a disposición dos interesados na Portería da Casa Consistorial e nesta ligazón 

|