Proceso selectivo de contratación: Quince peóns, persoal laboral temporal, limpeza de praias

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación de quince peóns, persoal laboral temporal, de limpeza de praias. A contratación do persoal conta co financiamento da Deputación Provincial da Coruña.

A presentación de solicitudes realizarase durante o prazo de cinco días hábiles a contar dende o día seguinte a esta publicación de anuncio de convocatoria no xornal “La Voz de Galicia”, segundo se establece nas bases que rexen este proceso selectivo.Tanto as bases como a instancia de solicitude desta convocatoria están a disposición das persoas interesadas na Portería da Casa Consistorial e na páxina web www.boiro.gal 

 

Dispoñible o ANUNCIO DE PUNTUACIÓNS PROVISIONAIS DE LIMPEZA DE PRAIAS 

PROCESO CONCLUÍDO

|