Boiro Emerxe

O Concello de Boiro, a través da área de mocidade, organiza un faladoido de conversas inspiradoras coa mocidade do municipio e que teñen como obxectivo dar a coñecer o potencial creativo da mocidade boirense. 

A actividade está organizada pola OMIX e vai ter lugar o vindeiro venres 16 de abril ás 20.00 horas no espazo Leñaverde do Centro Social de Boiro. A capacidade está limitada a 30 persoas, polo que se require inscrición previa a través do enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Na xornada van presentar os seus proxectos e realizar unha mesa de debate as persoas promotoras de cinco iniciativas emprendedoras do municipio: 

- Charo Lopes, escritora e fotografa.

- Triángulo de Amor Bizarro, grupo profesional de música alternativa que opera a nivel mundial. 

- Comoxo organics, proxecto de produción primaria no rural. 

- Ola Xon Mario, youtubeiro

- Charlatana, cooperativa galega de artistas 

 

|