II edición Boiro Emerxe

O Concello de Boiro organiza unha segunda edición do Boiro Emerxe, un faladoiro de conversas inspiradoras co talento local e que teñen como obxectivo dar a coñecer o potencial creativo da mocidade boirense. Esta segunda edición vai ter lugar o 15 de outubro ás 20.00 horas no local leñaverde do Centro Social de Boiro.

 

Persoas convidadas

- Manu Sobral, The Cuncas

- Sara Ollero, Da Ria Luv

- Mario Brión, olaxonmario

A capacidade é limitada. Reserva de entradas xa dispoñible na ligazón: 

https://forms.gle/2r1xdLiNfY8zmhpD6  

 

O encontro vaise retransmitir vía streaming e poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro. 

|