Subvencións en especie para o comercio boirense - Programa para a modernización do centro comercial aberto de Boiro

O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas (subvencións en especie) para o comercio boirense ao abeiro do programa de modernización do Centro Comercial Aberto de Boiro financiadas con fondos Next Generation UE. 

BOP núm. 176 do 15 de setembro de 2022 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar aqui

Publicada a resolución definitiva da concesión das axudas, que se poden consultar aqui

Obrigas de publicidade

Os establecementos e persoas xurídicas adheridas e beneficiarias do programa deberán ter nun lugar visible no interior do establecemento, nos escaparates (no caso de dispoñer dos mesmos), páxinas web, publicacións en redes sociais e calquera outro medio online ou offline, un cartaz que contén os logotipos das entidades que financian o programa. 

O cartaz está dispoñible para a súa descarga AQUI

Beneficiarios

  • Establecementos comerciais de Boiro. Deberá acreditarse que o establecemento comercial ten tenda física en Boiro ou no caso de ter soamente venta online o domicilio fiscal en Boiro.
  • Os comercios beneficiarios deben acreditar contar con algún dos seguintes epígrafes do IAE:

    • 645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas clases.

    • 651. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.

    • 652. Comercio polo miúdo de medicamentos, artigos de drogaría e limpeza, perfumaría e cosméticos.

    • 653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción (agás 653.4).

    • 656. Comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles, artigos e útiles ordinarios de uso doméstico.

    • 657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.

    • 659. Outro comercio polo miúdo.

    • 665. Actividades empresariais de comercio realizadas fóra do establecemento permanente: «comercio retallista por correo ou catálogo». No caso de comercio en liña, non será subvencionable a comercialización en liña de produtos ou servizos non comprendidos no ámbito de aplicación da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

  • Establecementos, postos ou mesas da Praza de Abastos-Mercado Municipal do Concello de Boiro. Deberá acreditarse que o establecemento está situado no devandito emprazamento.

  • Establecementos de hostalería. Deberá acreditarse que o establecemento posúe localización física en Boiro.

  • Aloxamentos hoteleiros, pensións, campings e outros aloxamentos de semellante natureza que posúan localización física en Boiro.

O Concello de Boiro, previa solicitude motivada do interesado, pode aceptar a inscrición de comercios de outros epígrafes non incluídos neste listado.

Non poderán participar:

  • As empresas, establecementos comerciais, hostalería ou hoteleiros, outros de análoga natureza que non teñan o seu domicilio fiscal e localización física en Boiro.

  • As empresas-cadeas de gran distribución destinadas á alimentación (hipermercados).

  • As salas de xogo e apostas.

  • Todas aquelas empresas, establecementos, persoas xurídicas que posúan débeas con calquera administración.

Tipo de axudas 

Liña 1. Servizo posicionamento SEO gratuíto para aqueles beneficiarios que dispoñan de paxina web propia e oficial.

Liña 2. Servizo de entrega de bolsas reciclables: servizo de entrega gratuíto de bolsas reciclables para a entrega polas empresas aos seus aos clientes no momento de finalización da compra e entrega do produto/ben. As bolsas estarán serigrafiadas cos logotipos das entidades financiadoras e o eslogan “Boiro teno todo!”.

Liña 3. Servizo de entrega de envases compostables para a entrega de alimentos a clientes: entrega gratuíto de envases compostables para a entrega polas empresas aos seus aos clientes no momento de finalización da compra e entrega do produto/ben de alimentación.

Liña 4. Servizo de entrega de outros elementos reciclables: servizo de entrega gratuíto de outros envases e elementos reciclables para a entrega polas empresas aos seus aos clientes no momento de finalización da compra e entrega do produto/ben ou entrega do servizo e envases “take away”.

Liña 5. Servizo bono-transporte: servizo de desconto de gastos derivados de transporte de pedidos. Destinado a sector comercial.

Liña 6. Xornadas de formación en marketing dixital: servizo de formación gratuíto en marketing dixital. Destinado principalmente (prioridade na adxudicación) a sector comercial.

Liña 7. Outros servizos de uso de equipamentos: utilización taquilla automatizada de pedidos; utilización da biorrecicladora-maquina reciclable.

Festa do Comercio | Concello de Boiro

O Concello de Boiro e a Asociación Boirense de Empresarios celebran os días 25 e 26 de novmebro a Festa do Comercio con descontos nos comercios e animación de rúa. 

O venres 25 Black Friday e o sábado 26 Noite Aberta 

Programación de rúa

Venres 25
18.30h – espectáculo itinerante “Os trasnos revoltosos” (Sarao Animación)
20.30h – “Blues do País” na Terraza do Barbantia


Sábado 26
11.30h e 13.30h – obradoiros de reciclaxe e maquillaxe creativo para nenos e
nenas na rúa Peonil
12.30h e 14.30h – espectáculo itinerante “Mekánica Rollin Band”
17.30h – espectáculo itinerante “Damas rosas” e photocall na rúa peonil (Sarao Animación)
18.30h – espectáculo itinerante “Mezzo” (Pistacatro)
20.00h – espectáculo itinerante “Coro Encaixe”

 

Máis info sobre a programación e actividades dos comercios en abe.gal ou no folleto, dispoñible aqui. 

 

 

Enquisas Plan de Mobilidade do Concello de Boiro

O Concello de Boiro está a elaborar un Plan de Mobilidade para o municipio, un documento que sirva como folla de ruta de cara a establecer unha estratexia orientada á mellora da mobilidade no noso concello, así como a mellorar a nosa competitividade e equidade aumentando a seguridade e a calidade de vida. 

Para o desenvolvemento deste documento é moi importante a opinión de todos e todas. Participa respondendo as seguintes enquisas online destinadas a centros de ensino, comercios e poboación xeral. 

25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller | Concello de Boiro

O Concello de Boiro conmemora o vindeiro 25 de novembro o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller co obxectivo de promover a seguridade no ámbito do lecer.

A violencia contra as mulleres é un obstáculo para construír sociedades inclusivas e sostibles e, este ano, o Concello de Boiro quere mostrar o seu compromiso na loita contra a violencia de xénero facendo visibles as agresións machistas contra as mulleres no ámbito do lecer. A programación do 25N deste ano céntrase en dar visibilidade ás agresións machistas neste eido e elaborar un Protocolo de actuación contando cos distintos sectores e ámbitos involucrados.

A programación do venres 25 comezará cunha concentración ás 12.00 horas na Praza de Galicia onde se gardará un minuto de silencio en memoria das vítimas e a lectura dun manifesto colectivo de repulsa ás agresións machistas, facendo especial fincapé nas acontecidas no ámbito do lecer, no que van participar a mocidade, representantes da hostalaría local, do tecido asociativo e profesionais sociais, educativos, sanitarios e das forzas e corpos de seguridade.

Seguidamente terá lugar tamén unha mesa de traballo participativa para a diagnose das violencias machistas no ámbito do lecer boirense coa que se pretende deseñar un Protocolo de actuación que, de forma colectiva e coordinada co sector da hostalaría, o tecido social, a mocidade, profesionais sociais, educativos, sanitarios e das forzas e corpos de seguridade, sirva como folla de ruta para saber como actuar se sufrimos ou somos testemuñas dunha agresión de xénero.

Muller Dixital - formación para mulleres en habilidades dixitais

Boiro acolle uns cursos gratuítos en Competencias Dixitais destinados a mulleres. 

 

Competencias dixitais

Formación para adquirir as competenias dixitais básicas que permitan aproveitar as posibilidades que ten o acceso á información, o procesamento e uso para a comunicación, a creación de contidos, a seguridade e a resolución de problemas básicos. 

Competencias dixitais avanzadas 

Formación destinada á adquisición de competencias dixitais avanzadas que permitan aproveitas a riqueza das novas posibilidades asociadas ás tecnoloxías dixitais. 

Iniciación en competencias dixitais para o emprendemento

Adquisición das habilidades tecnolóxicas dixitais necesarias que promovan, faciliten e melloren a empregabilidade e o desenvolvemento de negocios existentes ou novos, promovidos por mulleres conciliando a súa vida familiar e profesional.

 

Máis información

mullerdixital.gal 

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

621 180 896

|