Subvencións en especie para o comercio boirense - programa de modernización do centro comercial aberto

O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas (subvencións en especie) para o comercio boirense ao abeiro do programa de modernización do Centro Comercial Aberto de Boiro financiadas con fondos Next Generation UE. 

O BOP núm. 176 do 15 de setembro de 2022 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar aqui

 

Prazo e presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. 

As solicitudes deberanse realizar obrigatoriamente por medios electrónicos (boiro.sedelectronica.gal

 

Beneficiarios

  • Establecementos comerciais de Boiro. Deberá acreditarse que o establecemento comercial ten tenda física en Boiro ou no caso de ter soamente venta online o domicilio fiscal en Boiro.
  • Os comercios beneficiarios deben acreditar contar con algún dos seguintes epígrafes do IAE:

    • 645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas clases.

    • 651. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.

    • 652. Comercio polo miúdo de medicamentos, artigos de drogaría e limpeza, perfumaría e cosméticos.

    • 653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción (agás 653.4).

    • 656. Comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles, artigos e útiles ordinarios de uso doméstico.

    • 657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.

    • 659. Outro comercio polo miúdo.

    • 665. Actividades empresariais de comercio realizadas fóra do establecemento permanente: «comercio retallista por correo ou catálogo». No caso de comercio en liña, non será subvencionable a comercialización en liña de produtos ou servizos non comprendidos no ámbito de aplicación da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

  • Establecementos, postos ou mesas da Praza de Abastos-Mercado Municipal do Concello de Boiro. Deberá acreditarse que o establecemento está situado no devandito emprazamento.

  • Establecementos de hostalería. Deberá acreditarse que o establecemento posúe localización física en Boiro.

  • Aloxamentos hoteleiros, pensións, campings e outros aloxamentos de semellante natureza que posúan localización física en Boiro.

O Concello de Boiro, previa solicitude motivada do interesado, pode aceptar a inscrición de comercios de outros epígrafes non incluídos neste listado.

 

Non poderán participar:

  • As empresas, establecementos comerciais, hostalería ou hoteleiros, outros de análoga natureza que non teñan o seu domicilio fiscal e localización física en Boiro.

  • As empresas-cadeas de gran distribución destinadas á alimentación (hipermercados).

  • As salas de xogo e apostas.

  • Todas aquelas empresas, establecementos, persoas xurídicas que posúan débeas con calquera administración.

 

Tipo de axudas 

Liña 1. Servizo posicionamento SEO gratuíto para aqueles beneficiarios que dispoñan de paxina web propia e oficial.

Liña 2. Servizo de entrega de bolsas reciclables: servizo de entrega gratuíto de bolsas reciclables para a entrega polas empresas aos seus aos clientes no momento de finalización da compra e entrega do produto/ben. As bolsas estarán serigrafiadas cos logotipos das entidades financiadoras e o eslogan “Boiro teno todo!”.

Liña 3. Servizo de entrega de envases compostables para a entrega de alimentos a clientes: entrega gratuíto de envases compostables para a entrega polas empresas aos seus aos clientes no momento de finalización da compra e entrega do produto/ben de alimentación.

Liña 4. Servizo de entrega de outros elementos reciclables: servizo de entrega gratuíto de outros envases e elementos reciclables para a entrega polas empresas aos seus aos clientes no momento de finalización da compra e entrega do produto/ben ou entrega do servizo e envases “take away”.

Liña 5. Servizo bono-transporte: servizo de desconto de gastos derivados de transporte de pedidos. Destinado a sector comercial.

Liña 6. Xornadas de formación en marketing dixital: servizo de formación gratuíto en marketing dixital. Destinado principalmente (prioridade na adxudicación) a sector comercial.

Liña 7. Outros servizos de uso de equipamentos: utilización taquilla automatizada de pedidos; utilización da biorrecicladora-maquina reciclable.

 

 

 

|