20 de xaneiro | Autobús para asistir á función "El lago de los cisnes"

O Concello de Boiro, para fomentar e contribuir ao acceso da veciñanza a funcións e espectáculos profesionais, habilita un autobús para asistir á función do ballet "El lago de los cisnes" deTchaikovsky, producida por Royal Russian Ballet o vindeiro xoves 20 de xaneiro en Santiago de Compostela. 

O autobús, que será gratuíto, sairá da parada da Cachada ás 19.00 horas e regresará unha vez remate a función. 

A reserva de entradas para o autobús pode facerse entre o 4 e o 11 de xaneiro cubrindo o formulario web dispoñible AQUI

 

* A entrada para a función, que terá lugar o 20 de xaneiro ás 20.30 horas no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, corre a cargo das persoas asistentes. 

|