Visitas guiadas ao Pazo de Goiáns

O Concello de Boiro, no marco da programación prevista para celebrar o Día das Letras Galegas, organiza unhas visitas guiadas ao Pazo de Goiáns para que a veciñanza poida coñecer como avanzan as obras de rehabilitación do inmoble. As visitas vanse organizar os días 16 e 17 de maio e serán para grupos reducidos e con reserva previa. O prazo para a reserva de entradas abrirá este martes.

Os grupos para a visita van ser reducidos e seguindo todas as medidas de seguridade esixidas para a prevención da Covid-19 e as persoas interesadas van poder coñecer o estado de execución das obras dentro do inmoble e ver tamén as tarefas de acondicionamento que se están a realizar nos xardíns.

O número de prazas dispoñibles para a visita é de 200, repartidas en grupos reducidos no horario previsto para garantir que se cumpran todas as medias de seguridade restricións da Covid-19. Non se vai permitir o acceso sen cita previa nin realizar a visita en horas distintas ás que a persoa está inscrita.

 

Horario das visitas (con reserva previa)

Domingo 16 de maio - de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas

Luns 17 de maio - de 11:00 a 14:00 horas

 

Inscrición

PRAZO PECHADO (abre ás 09:00 horas do 11/05/2021) 

Para participar nas visitas requírese inscrición previa, que se pode facer a partir deste martes día 11 de maio ás 09:00 horas e ata o xoves 13 de maio ás 14:00 horas. 

As inscricións poden facerse de forma telemática, no formulario dispoñible na páxina do Centro Arqueolóxico do Barbanza (centroarqueoloxicodobarbanza.org) ou vía telefónica na Oficina de Turismo do Concello de Boiro, no 981 84 26 54.

 

|