O Concello de Boiro ten preparado, con motivo das Festas do Verán 2026 que se celebran do 3 ao 8 de xullo, un dispositivo especial de seguridade que contempla o aumento de efectivos na rúa, un posto de mando avanzado e a regulación do tráfico para evitar retencións.
Para o aumento da seguridade cidadá o Concello de Boiro contará este ano por primeira vez cun Posto de Mando Avanzado, un sistema de viodeovixilancia que permite controlar, en tempo real, os distintos puntos neurálxicos da festa. Ademais contase, como cada ano, co reforzo das patrullas da Policía Local.
Cortes de tráfico
Debido á montaxe e instalación das distintas infraestruturas para o desenvolvemento dos festexos, durante as festas produciranse diversos cortes de rúa. A Avenida da Constitución atopase xa cortada ao tráfico nun dos carriles para a montaxe das atraccións da festa; o carril de baixada cortarase todas as noites pero queda libre para o tránsito durante o día.
Debido á tirada de fogos de artificio prevista para a medianoite do domingo, non se poderá estacionar nin circular na Avenida da Avellaneda dende a Manuel María ata a Traballadoras do Mar a partir das 15.00 horas do domingo.
O mércores día 8, último día da festa estará cortada ao tráfico a rúa Principal para a verbena da Praza de Galicia, polo que os desvíos para a saída de Boiro se deben facer por Ponte Goiáns ou Espiñeira e os accesos a aparcamento pola rúa Francisco del Rio Romero. Tamén estará cortado ao tráfico a rúa Salvador Allende para o concerto da Praza da Mancomunidade.
En todo momento estarán garantidos os accesos a garaxes e vivendas e o paso de vehículos de emerxencias.
Aparcamentos habilitados
En canto aos espazos de aparcamento habilitados con motivo das Festas do Verán o Concello de Boiro manterá aberto o aparcamento da Praza de Galicia as 24h, agás o mércores día 8 que non se poderá acceder- Tamén estará aberto as 24h o aparamento da praza de A Boqueira de A Negral.
A maiores o Concello de Boiro habilitou un novo espazo de aparcamento na zona de Espadañal e espazos de aparcamento na Av. da Constitución na zona da Boliña con acceso pola estrada de Abanqueiro e Av. da Constitución. O aparcamento da Mancomunidade estará dispoñible para o seu uso todos os días agás o mércores día 8.
O Concello de Boiro abre o prazo de presentación de solicitude e comunicación das cacharelas en terreos públicos e privados que se realicen na noite de San Xoán 2026.
As autorizacións unicamente permitirán as cacharelas a partir as 18.00 horas do día 23 de xuño, debendo quedar perfectamente apagadas antes das 6.00 horas do 24 de xuño.
So se poderán realizar as cacharelas que teñan efectuada a comunicación por escrito ao Concello de Boiro antes do día 19/06/2025. As solicitudes deberanse realizar mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica.
No caso das cacharelas que se realicen en terreo público delimitado a tal efecto, as persoas interesadas deben:
1. Acudir ao departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro e recibir información sobre os lugares delimitados, medidas e responsabilidades.
2. Solicitar o lugar delimitado escollido mediante o formulario dispoñible nesta web.
No caso das cacharelas que se realicen en terreos privados, as persoas interesadas deben:
1. Entregar cumplimentado o escrito correspondente.
Consulta o bando informativo AQUI.