Proceso selectivo: arquitecto/a

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto/a na modalidade de funcionario/a de carreira. 

O sistema de selección será mediante concurso-oposición e a categoría laboral será técnica superior do subgrupo A1. 

O Boletín Oficial da Provincia núm. 221 do 19 de novembro de 2021 publica as bases da convocatoria. 

 

Presentación de solicitudes 

PENDENTE DE ABRIR

O prazo de presentación de solicitude será de VINTE DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. 

A presentación de solicitudes debe facerse mediante a instancia que se engade nas bases como ANEXO I, a través da sede electrónica do Concello de Boiro (dispoñible en www.boiro.gal) ou o Rexistro Xeral, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas. 

 

Requisitos das persoas aspirantes 

- Estar en posesión da titulación habilitante para o desenvolvemento da profesión de arquitecto/a. 

- Posuír a nacionalidade española. 

- Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa. 

- Non te sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administación pública. 

- Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das funcións. 

 

Proceso selectivo: Alumnado do "Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns" - Boiro

Proceso selectivo alumnado do obradoiro.

Publicada a acta coas puntuacións das entrevistas, que pode consultarse aqui.

Publicada a listaxe de puntuacións iniciais, que pode consultarse aqui

Publicada a listaxe de puntuacións definitivas (13/10/2021), que pode consultarse aqui

 

Proceso selectivo: Policía Local - mobilidade

O Concello de Boiro aproba as bases da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de Policía Local (funcionario de carreira) - quenda de mobilidade horizontal. 

O Boletín Oficial da Provincia núm. 190 do martes 5 de outubro de 2021 publica as bases da convocatoria

O Boletín Oficial do Estado nº246 do xoves 14 de outubro publica o anuncio da convocatoria. 

O BOP núm. 224 do 24 de novembro de 2021 publica a relación provisonal de admitidos/as

 

Presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial do Estado. 

Prazo de solicitudes aberto ata o 12/11/2021. 

 

Requisitos das persoas aspirantes

O proceso selectivo farase mediante concurso e, as persoas aspirantes, deberán reunir unha serie de requisitos: 

- Estar en posesión do título de bacharel ou técnico. 

- Acreditar estar en posesión dunha categoría igual á da convocatoria como funcionarios/as de carreira, así como antigüidade mínima de 3 anos. 

- Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B. 

- Non ter sido condenado por delito nin estar inhabilitado para o servizo. 

- Compromiso por escrito de portar armas durante o servizo. 

- Posuír capacidade funcional para o desempeño de tarefas

Proceso selectivo: bolsa emprego TAX

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego que permita nomeamentos interinos como técnicos de administración xeral (TAX). 

O BOP núm. 190 do martes 5 de outubro de 2021 publica as bases da convocatoria. 

Publicada a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as (10/11/2021), que pode consultarse aqui

Prazo de presentación de enmendas de CINCO días hábiles a contar dende o día seguinte ao da súa publicación. 

 

Presentación de solicitudes

O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no BOP (05/10/2021).

O modelo de instancia, incluída como Anexo nesta páxina, coa documentación requirida, debe presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica. 

 

Requisitos das persoas aspirantes

- Ter a nacionalidade española ou outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Posuñir capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas. 

- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa. 

- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública. 

- Estar en posesión do título de grao, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou equivalente. 

 

 

Proceso selectivo: oficial Policía Local (promoción interna)

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a provisión dunha praza de oficial da policía local (persoal funcionario) por promoción interna, correspondente Oferta de Emprego Público do Concello de Boiro 2019. 

Publicada a listaxe provisional de admitidos/as (26/08/2021), que pode consultase aqui

Publicada a listaxe definitiva de admitidos/as (05/10/2021), que pode consultarse aqui

Publicadas as puntuacións provisionais da fase de concurso (19/10/2021), que poden consultarse aqui

Publicada a convocatoria para os exercicios 1º e 2º da fase oposición (08/11/2021), que poden consultarse aqui

Publicados os resultados provisionais do primeiro exercicio da oposición (17/11/2021), que pode consultarse aqui

Publicados os resultados definitivos do primeiro exercicio da oposición (23/11/2021), que poden consultarse aqui

Publicados os resultados do segundo exercicio da oposición (25/11/2021), que poden consultarse aqui

Publicada a ratificación do segundo exercicio (3/12/2021), que pode consultarse aqui

Publicada a proposta de nomeamento (3/12/2021), que pode consultarse aqui

 

 

|