Proceso selectivo: técnicos/as de Turismo 2022

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego temporal de técnicos/as de Turismo (subgrupo A2). 

O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención para o financiamento do gasto de persoal das oficinas de turismo no 2022 por importe de 18.896,68€. 

O sistema de acceso será mediante concurso- oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación. 

O BOP núm. 102 do 31 de maio de 2022 publica as bases da convocatoria. 

Publicada a relación inicial de persoas admitidas e excluídas (17/06/2022), que pode consultarse aqui

O prazo de enmenda e reclamacións é de CINCO DÍAS HÁBILES, a contar dende o día seguinte ao da publicación. 

 

Prazo e presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no BOP. 

As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou na sede electrónica. 

 

Requisitos das persoas candidatas 

- Ter a nacionalidade española ou algunha que permita o acceso ao emprego público 

- Ter cumpridos os 16 anos e non exercer aquela para a xubilación forzosa

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública 

- Estar en posesión de algunha das seguintes titulacións:

  • Técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou equivalente 
  • Grao ou diplomatura en Turismo ou equivalente 
  • Doble grao en Ciencias Empresariais e Turismo 
  • Grao ou licenciatura en Historia da Arte
  • Grao ou licenciatura en Humanidades 
  • Grao ou licenciatura en Xeografía e Ordenación do Territorio
  • Grao ou licenciatura en Historia 
|