Proceso selectivo: animadores/as socioculturais

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego temporal de animadores/as socioculturais. 

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os nomeamentos realizaranse como funcionario interino. 

O BOP núm. 105 do 3 de xuño publica as bases da convocatoria. 

Publicada a listaxe provisional de admitidos e excluídos (15/06/2022), que pode consultarse aqui

O prazo de presentación de alegacións é de cinco días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación destas bases. 

 

Prazo e presentación de solicitudes

Cinco días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no BOP. 

No Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou na sede electrónica. 

 

Requisitos das persoas candidatas 

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceos ao emprego público. 

- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a de xubilación forzosa. 

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade. 

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Estar en posesión do título de Técnico Superior en Animación Sociocultural ou equivalente. 

 

 

|