Pleno extraordinario do 30 de setembro de 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca un Pleno extraordinario que terá lugar o vindeiro venres 30 de setembro de 2022 ás 20.00 horas. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro. 

 

Orde do día da sesión

1. Aprobación, se procede, do ditame de participación no POS+ Adicional e parobación do proxecto para a ampliación de salas fitness no complexo deportivo da Cachada. 

2. Aprobación iniciall, se procede, do ditame de créditoextraordinario núm. 5/2022, proxectos culturais e educativos. 

Pleno ordinario do 22 de setembro de 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves 22 de setembro ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial o Pleno Ordinario correspondente ao mes de setembro de 2022.

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro, dispoñible AQUI

Orde do día:

  1. Aprobación definitiva, se procede, do suplemento de crédito 1/2022. Comercio: proxectos complexos.
  2. Aprobación, se procede, do proxecto de reforma do mercado de abastos de Boiro.
  3. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 5/2022. Proxectos culturais e educativos.
  4. Aprobación inicial, se procede do crédito extraordinario 6/2022. 5 actuacións.
  5. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 7/2022. Mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade do edificio das Colonias.
  6. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 8/2022. Infraestruturas deportivas en colexios.
  7. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 9/2022. Dotación zona verde en “A Negral”.
  8. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 10/2022. Abastecemento municipal de auga.
  9. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 11/2022 e modificación das bases de execución do orzamento 3/2022 (subvencións nominativas).
  10. Designación de festivos locais para o ano 2023.
  11. Solicitude de participación no POS+ Adicional e aprobación do proxecto para a ampliación de salas de fitness no complexo deportivo da Cachada.
  12. Aprobación, se procede, do “Proxecto de dinamización do espazo coworking do Concello de Boiro – Lab Barbanza 22.0”, e solicitude de subvención á Deputación.
  13. Aprobación inicial, se procede, do anteproxecto de ordenanza municipal reguladora do estacionamento e pernoita de autocaravanas, vehículos camper e caravanas no concello de Boiro.
  14. Aprobación inicial, se procede, do anteproxecto de Ordenanza de circulación do Concello de Boiro.

 

Pleno ordinario do 9 de xuño de 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves día 9 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de xuño. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro

 

Orde do día:

  1. Elección Xuíz de Pazo titular.
  2. Aprobación inicial, se procede, do ditame de aprobación da Ordenanza para o uso da lingua galega no concello de Boiro
  3. Ratificación, se procede, da inclusión na orde do día da proposta da alcaldía sobre a aprobación inicial da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por dereitos de exame.
  4. Moción do grupo municipal do BNG sobre a aplicación de solución ós problemas de transporte público.
  5. Moción do grupo municipal do BNG sobre melloras no lugar da Boliña

Pleno ordinario do 28 de xullo de 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves o Pleno ordinario correspondente o mes de xullo, que terá lugar ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube municipal. 

 

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación, se procede, do ditame sobre a declaración institucional en materia antifraude.
  2. Aprobación inicial, se procede, da modificación puntual do PXOM para a modificación da ordenanza 6.2 “Parque empresarial de Espiñeira”.
  3. Aprobación inicial, se procede, do ditame de crédito extraordinario núm. 1/2022, e modificación das bases de execución orzamentaria número 2/2022 (subvencións nominativas a entidades).
  4. Aprobación inicial, se procede, do ditame de crédito extraordinario núm. 2/2022 financiado co remanente de tesourería para gastos xerais (subvencións de concorrencia deportes).
  5. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario núm. 3/2022 financiado con remanente de tesourería para gastos xerais. (adquisición dun vehículo eléctrico para Policía Local).
  6. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario núm. 4/2022 financiado con remanente de tesourería para gastos xerais. (obra de construción da cuberta do pavillón municipal da Cachada).
  7. Aprobación inicial, se procede, do ditame do suplemento de crédito 1/2022 financiado con remanente de tesourería para gastos xerais. (financiamento da execución do proxecto para modernización do centro comercial aberto, cofinanciado con fondos Next Generation).
  8. Ratificación, se procede, previa declaración de urxencia da inclusión na orde do día da proposta de alcaldía relativa á aprobación do “Proxecto de dinamización do espazo coworking do Concello de Boiro – LAB Barbanza 2.0” e solicitude de subvención á Deputación provincial.
  9. Moción do grupo municipal popular en relación á transferencia da competencia sobre a xestión do dominio público marítimo-terrestre.
  10. Moción do grupo municipal do BNG sobre a mellora na atención primaria e no servizo de pediatría.
  11. Moción de Boiro Novo para instar á Xunta de Galicia a construción dun pantalán de acceso ao mar para o uso do Club de Remo de Cabo de Cruz.

 

|