Pleno ordinario do 30 de setembro de 2021 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves 30 de setembro de 2021 ás 20.00 horas a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de setembro. A sesión poderase seguir en directo vía streaming a través da canle de YouTube do Concello de Boiro.

A orde do día da sesión é a seguinte:

  1. Aprobación da acta da sesión plenaria do 24/06/2021
  2. Aprobación da conta xeral do exercicio 2020
  3. Aprobación inicial do regulamento do Viveiro de Empresas do Concello de Boiro e a zona Coworking Lab Barbanza e o seu réxime interno.
  4. Modificación do Título X das bases de execución do orzamento prorrogado do 2019 e aprobación do expediente de modificación de créditos nº 27/2021, de créditos extraordinarios e suplementos de crédito, por importe de 326.389,63 euros, financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais.
  5. Determinación de festivos locais para 2022
  6. Expediente de modificación de créditos nº25/2021 de suplemento de crédito por importe de 119.043,25 euros, financiado con remanente de tesourería para gastos xerais da liquidación 2020 para a “renovación da auga potable en Cabo de Cruz – tramo inserción Curvera ata Subuqueiro.
  7. Modificación de créditos nº 25/2021 de crédito extraordinario por importe de 335.559,58 euros, financiado con remanente de tesourería, para gastos xerais.
  8. Moción do grupo municipal Boiro Novo/ Mixto para o rexeitamento dos actos homófobos acontecidos neste concello.
  9. Moción do grupo municipal PSdeG-PSOE para equiparar real e efectivamente as persoas menores en acollemento familiar á condición de “fillo/a” e o recoñecemento de familias de especial protección ás familias acolledoras, solicitada pola Asociación Galega de familias de Acollida (ACOUGO).
  10. Moción do grupo municipal do BNG sobre asfaltado dunha pista da concentración parcelaria na Cuncheira.
  11. Moción do grupo municipal BNG sobre mellora de habitabilidade e convivencia nos núcleos do río Coroño.
  12. Moción do grupo municipal do BNG sobre mellora en infraestruturas e seguridade no núcleo de Ponte Goiáns.
  13. Moción do grupo municipal de IC Boiro sobre modificación puntual da Relación de Postos de Traballo do Concello de Boiro e a equiparación salarial do corpo da Policía Local cos demais corpos de seguridade estatais e autonómicos.
  14. Moción do grupo municipal do PP para instar ao goberno de España a baixar o prezo da luz actuando sobre determinados impostos e costes regulatorios.
  15. Moción do grupo municipal do PP en apoio do acceso da poboación aos servizos financeiros.
|