Evento Gastronómico de Entroido

Os veciños e veciñas que asistiron ao Evento Gastronómico do Entroido puideron degustar  filloas, orellas, larpeiras ... chocolate e cafés, elaborado todo polo alumnado/traballador do Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro III.​
Este proxecto enmárcase dentro do Programa operativo de emprego xuvenil 2014 – 2020, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo.​

Evento gastronómico do Entroido 2020

O Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro III convida aos veciños e veciñas a degustar doces, ademais de chocolates e cafés elaborado polo alumnado/traballador no Centro de Formación. Será gratuíto ata esgotar existencias.​
O Obradoiro de Emprego é un programa mixto de emprego e formación cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia.​

Charla CIM

O alumnado/traballador do obradoiro de emprego recibe formación complementaria en materia de Igualdade de Xénero. Aproveitando esta formación, as integrantes do Centro de Información á Muller (Directora, Avogada e Psicóloga) visitaron o centro de formación para impartir unha charla sobre este servizo público que ofrece o Concello de Boiro.​
Este proxecto enmárcase dentro do Programa operativo de emprego xuvenil 2014 – 2020, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo.​

Showcooking Ambar

As persoas usuarias da Asociación Ambar visitaron ao alumnado/traballador do Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro III nunha xornada de showcooking. Despois de tomar nota das mostras realizadas polo alumnado/traballador, as persoas usuarias de Ambar tamén participaron na actividade.​
O Obradoiro de Emprego é un programa mixto de emprego e formación cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia.​

Showcooking Amicos

As persoas usuarias da Asociación Amicos visitaron ao alumnado/traballador do Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro III nunha xornada de showcooking. Despois de tomar nota das mostras realizadas polo alumnado/traballador, as persoas usuarias de Amicos tamén participaron na actividade. ​
O Obradoiro de Emprego é un programa mixto de emprego e formación cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia.​
|