Certame fotográfico de entroido 2021

O Concello de Boiro, a través da concellería de cultura, convoca a primeira edición do Certame Fotográfico de Entroido Boiro 2021, dirixido ao público xeral, e que se levará a cabo dixitalmente coa divulgación nas redes sociais e posterior exposición. 

Introdución

A Concellería de Cultura do Concello de Boiro anima á poboación a participar nesta iniciativa, respectando as medidas sanitarias en vigor impostas para a COVID 19, co obxectivo de manter unha actividade tradicional e proporcionar unha alternativa cultural e de ocio que pode desenvolverse en condicións de seguridade, impulsando entre os consumidores/as as compras no comercio local.

 

Definición

As presentes bases e convocatoria teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para a concesión dos premios do primeiro Certame fotográfico do Entroido Boiro 2021. 

 

Participantes

Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, sen límite de idade, cunha ou varias fotografía en cor ou B/N. (individuais ou series), acompañadas coa solicitude e documentación anexa.

A participación nas escenas fotográficas, pode ser de xeito individual ou por grupo de convivencia e sempre gardando as medidas sanitarias en vigor derivadas para Covid 19.

 

Procedemento

Os/as concursantes achegarán unha fotografía do disfrace e deberán reproducir un momento artístico, cotián, tradicional, etc., relacionado, coas seguintes temáticas, como por exemplo: oficios tradicionais, tradicións propias do Entroido, reprodución de escenas de obras de pintores/as coñecidos, fotografías tomadas en lugares de interese cultural, paixasístico, arquitectónico, etc. do noso concello; é dicir as fotografías deben ter, a parte do disfrace, principalmente, un interese cultural.

As obras do concurso deberán ser orixinais, inéditas e non presentadas con anterioridade a outros concursos, nin publicadas en webs, redes sociais ou calquera outro medio dixital ou impreso.

As fotografías deben ser enviadas dende o 12 ao 22 de febreiro do 2021, ao ata as 23:00 horas ao correo dixital Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. en formato JPG.

Todas as fotografías quedarán en posesión do Concello de Boiro, o cal fará unha exposición itinerante polas dependencias Culturais Municipais e poderá proceder a súa publicación en medios impresos e dixitais de comunicación e/ou carteleira programas, etc.

 

Categorías- premios

Os premios entregaranse en vales de compra para gastar no comercio local.

Infantil (ata 12 anos) 

1º.- vale de 100 euros

2º.- vale de 75 euros

3º.- vale de 50 euros 

Accésit: 5 vales de 35 euros

Xuvenil/adulta (maiores de 13 anos) 

1º.- vale de 175 euros

2º.- vale de 125 euros

3º.- vale de 100 euros

Accésit: 5 vales de 50 euros 

Os premiados deben realizar o gasto en vales nun so establecemento autorizado. 

 

Xurado e valoración

O xurado estará composto por integrantes da Asociación Fotográfica Olláparo, Concelleira de Cultura e persoal técnico do Departamento de Cultura de Boiro.

O xurado valorará as fotografías presentadas atendendo á concordancia entre todos os criterios seguintes:

  • Orixinalidade, valorarase que non se axuste ao acostumado, que sexa singular, pouco corrente, creativo

  • Vestiario, valorarase a confección, materiais empregados, realismo e a complexidade na elaboración do mesmo.

  • Interese cultural, valorarase que reproduza un momento artístico, cotiá, tradicional, tomadas en lugares de interese cultural, paixasístico ...

  • Posta en escena, valorarase o conxunto total do deseño tendo en conta os elementos, realismo e entorno

  • Humor, valorarase que sexa divertida, que se presente a realidade en clave cómica, de xeito esperpéntica ou ridícula

  • Calidade fotográfica, valoraranse aspectos técnicos da propia fotografía.

Puntuación:

- Orixinalidade: de 1 ata 5 puntos

- Vestiario: de 1 ata 5 puntos

- Interese cultural: de 1 ata 5 puntos

- Posta en escena: de 1 ata 5 puntos

- Calidade fotográfica: de 1 ata 5 puntos

- Humor: de 1 ata 5 puntos

*A valoración do xurado quedará rexistrada na acta correspondente, indicando na mesma datos do premiado, DNI, premio acadado e contía do mesmo.

*O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios e a súa decisión será inapelable. As persoas que non cumpran cos criterios establecidos poderán ser eliminados

 

Entrega de premios

A entrega dos premios farase, tendo en conta e aplicando os protocolos das medidas sanitarias en vigor derivadas para Covid 19, en día e lugar a determinar e que se comunicará oportunamente a os/as premiados/as.

O fallo do xurado farase público a través dos medios de comunicación, e soportes dixitais do Concello de Boiro (web, facebook, etc). Así mesmo, a medida que se entreguen as fotografías de participación iranse publicando na páxina do facebook da Casa da Cultura.

 

Documentación

Inscrición:

  • Anexo I debidamente cuberto.
  • En caso dá participación de menores de idade e da aparición destes nas fotografías enviarase tamén o Anexo II , acompañado do DNI do/a responsable que asina ás autorizacións.

Entrega de vales:

O premiado recibirá o vale tendo que asinar o “recibí” correspondente

Pagamento:

Os establecementos adheridos deberán enviar a través da sede electrónica do Concello de Boiro a seguinte documentación:

  • Factura polo importe total do vale
  • O vale de compra

Outra:

Calquera outra que sexa requirida pola administración

Unha vez aprobadas estas bases polo órgano competente ordearase a publicación das mesmas no taboleiro de edictos e na web do Concello a efectos da súa publicidade.

 

Podes descargar nesta páxina as bases completas e os modelos Anexo a entregar. 

|