Exposición fotográfica: A Illa única

O Centro Social de Cabo de Cruz acolle durante o mes de maio a mostra fotográfica "Madacascar: A Illa única", da artista Elena Aycart. 

Este proxecto foi inspirado pola Sociedad Geográfica Española e a escritora Enma Lira, redactora de guías Lonely Planet e colaboradora de National Geographic. A mostra está composta por 28 fotografías nas que se resalta a singularidade do país africano dende o punto de vista estético e que conviadan á reflexión sobre os seus desafíos e oportunidades de cara ao futuro. 

A mostra poderá visitarse durante todo o mes de maio na sala de exposicións do Centro Social de Cabo de Cruz, aberto de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas e de martes a xoves tamén en horario de tarde de 16.00 a 19.00 horas. 

 

|