Cabalgata de Reis 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro contará con dúas citas distintas previas ao Día de Reis, pensadas para nenos e nenas. 

O mércores 4 de xaneiro as SSMM as Raíñas Magas visitarán todas as parroquias do municipio para recoller cartas e entregar caramelos aos nenos e nenas. 

12.00h - Abanqueiro (a carón do Centro Social) 
13.00h - Cespón (praza de San Roque) 
14.00h - Bealo (xunto a Igrexa)
16.30h - Macenda (xunto a Igrexa)
17.30h - Cures (praza da Igrexa) 
18.30h - Escarabote (a carón do Centro Social) 
19.30h - Cabo de Cruz (xunto a Lonxa) 
20.30h - Boiro (Praza de Galicia) 

O xoves 5 de xaneiro, Gran Cabalgata de Reis

Saída ás 17.00 horas da Magdalena e chegada á Praza de Galicia de Boiro, onde as SSMM recibirán aos nenos e nenas. Regreso a Escarabote. 

*O percorrido contará cun tramo para persoas con TEA, sen música e sen luces, na rúa Principal no tramo comprendido entre a Av. de Compostela e a rúa Salvador Allende. 

 

Programación cultural Nadal 2022 | Concello de Boiro

A Concellería de Cultura do Concello de Boiro organiza unha programación para o Nadal composta de concertos, espectáculos infantís, festivais de Nadal, carpa solidaria...

 

PROGRAMACIÓN:

Sábado 10 de decembro

12.00 horas – obradoiro infantil (Biblioteca Municipal de Boiro)

12.30 horas – Gala dos Premios Barbantia da Cultura (Pazo de Goiáns)

20.30 horas – “G-Alsa” de Teatro do Improvisto (Casa da Cultura de Boiro)

Domingo 11 de decembro

17.00 horas – “Papá Noel solidario” en beneficio da Fundación Andrea (pavillón da Cachada)

18.00 horas – festival de Nadal de Abeloura (Centro Social de Cespón)

Venres 16 de decembro

17.30 horas – “O chimpo de ra” de Raquel Queizás (Centro Social de Cabo)

20.00 horas – “A casa das cancións”, teatro musical (Casa da Cultura de Boiro)

Sábado 17 de decembro

18.30 horas – festival de Nadal Xilbarbeira (Casa da Cultura de Boiro)

20.30 horas – ciclo de cine Mestre Mateo (Centro Social de Boiro)

Domingo 18 de decembro

17.30 horas – festival da Asociación de Veciños de Abanqueiro (Centro Social de Abanqueiro)

18.00 horas – festival Cen Pliés (Casa da Cultura de Boiro)

Xoves 22 de decembro

19.30 horas – Festival de Nadal da Escola de Música de Boiro (Carpa Solidaria)

Venres 23 de decembro – Festival da Cultura Solidaria (Carpa Solidaria)

11.00h - actuación ballet Cen Pliés e Aroña
12.00h - animación infantil co O apalpador e Monifates
13.00h - combo jazz da Escola de Música de Boiro
14.00h - DJ Matrek 
16.00h - serán tradicional con Abeloura, Os Pequenos do Barbanza, A Dorniña de Abanqueiro, Xilbarbeira, As da Boina, Pedra da Aroña e Nunca é Tarde
18.30h - chocolatada grupo Turbina
19.00h - Banda de Música de Boiro & CEIP Santa Baia, CEIP Santa María do Castro e CEIP Abanqueiro
20.00h - Bruno DJ 
21.00h - The Cuncas 

Luns 26 de decembro

17.00 horas – Micro Aberto (Carpa Solidaria)

20.00 horas - rap da zona 

Martes 27 de decembro

18.30 horas – “Mamá Cabra” Gloria Mosquera e Diego Maceiras (Carpa Solidaria)

Mércores 28 de decembro

18.30 horas – Gala de circo de nadal PistaCatro "Carman" (Carpa Solidaria)

Xoves 29 de decembro

18.30 horas – Gala de circo de nadal PistaCatro "Malabarian on the rox" (Carpa Solidaria)

20.00 horas – CineClubCoral, concerto de bandas sonoras de películas (Carpa Solidaria)

Venres 30 de decembro

18.00h – festival de Nadal da AC Pedra da Aroña (Pavillón da Cachada)

18.30 horas 
– Gran gala de circo de nadal PistaCatro (Carpa Solidaria)

22.00 horas – Concerto Sabela King e The Heartbreakers (Carpa Solidaria)

Luns 2 de xaneiro

18.30 horas – “Historias da maletra” de Raquel Queizás (Carpa Solidaria)

Martes 3 de xaneiro

18.30 horas – “Fartura de Nadal” de Vero Rilo&Penadique (Carpa Solidaria)

Mércores 4 de xaneiro

18.30 horas – “Tranvía do Nadal” de Charo Pita e a familia Papaventos (Carpa Solidaria)

Xoves 5 de xaneiro - Cabalgata de Reis 

Sábado 7 de xaneiro 

11.00h - Exhibición de boxeo, Kenpo Karate e judo (ximnasio Ozono) 

 

*a programación está suxeita a modificacións ou cancelacións. 

 

Programación cultural novembro 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro mantén as propostas culturais no mes de novembro, que inclúen teatro, presentacións literarias e actividades para festexar o Magosto. 

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

venres 4 de novembro, 21.00 horas, na Casa da Cultura - "Esas cousas maravillosas" de Empatía Teatro (público adulto) 

sábado 5 de novembro, 19.00 horas, no Pazo de Goiáns - presentacións literarias: "Atlántico Norte, chamádeme Ismael" de Xosé Iglesias e "Abril" de Etna W. Crush

venres 11 de novembro, 21.00 horas, na Casa da Cultura - "As que limpan" de A Panadaría (público adulto) 

sábado 12 de novembro, 17.00 horas, na Praza do Centro Social - Magosto tradicional con Xilbarbeira

venres 18 de novembro, na Casa da Cultura - "Papagena" de Butacazero (público adulto) 

sábado 19 de novembro, 19.00 horas, no Centro Social de Boiro - Día da Música, homenaxe ao meste Boga 

venres 25 de novembro, 20.00 horas, na Casa da Cultura de Boiro - "Voa, voa" de Talía Teatro (público infantil e familiar) 

 

MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR 

Casa da Cultura de Boiro 

días 10, 14, 15, 16, 17 e 21 de novembro 

 

VISTAS TEATRALIZADAS 

Sábado 5 de novembro, 17.30 horas PRAZAS ESGOTADAS

Domingo 6 de novembro, 11.30 horas PRAZAS ESGOTADAS 

 

OBRADOIROS/ FORMACIÓN

Do 7 ao 30 de novembro de 10.00 a 12.00 horas na Aula CeMIT - Competencias dixitais en ofimática con LibreOffice (Writer, Calc, Base e Impress). 

Xoves 24 de novembro, de 12.00 a 13.00 horas na Aula CeMIT - charla "Canles para operar dixitalmente co teu banco". 

*Máis info. Aula CeMIT do Centro Social de Boiro. 

 

 

Campamanto de Nadal 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, mediante as Concellerías de Cultura e Educación, desenvolve durante o Nadal un campamento de conciliación con actividades, saídas culturaism teatro e xogos para nenos e nenas escolarizados e empadroados no municipio de entre 3 e 12 anos. 

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas, que se pode consultar aqui

Prazo de alegacións ata o 16/12/2022

 

Datas: 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2022 e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2023.

Horario: de 8.00 a 14.00 horas ou de 9.00 a 14.00 horas (un a escoller). 

Prezo: 50 euros por neno/a (descontos do 50% para dous ou mais irmáns e do 80% para persoas de exclusión social).  

 

Bases do campamento. 

Modelo de instancia. 

Pasos para realizar a autoliquidación. 

 

Inscricións 

Do 21 de novembro ao 9 de decembro no Rexistro Xeral do Concello de Boiro (aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas) ou na sede electrónica. 

 

Información

Casa da Cultura de Boiro

Centro Social de Cabo de Cruz 

 

Programación cultural outubro 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través da área de cultura, realiza un programa de actividades moi variado para todo o mes de outubro.

O programa engloba cine, teatros e concertos; exposicións, obradoiros e tamén presentacións, así como unhas visitas teatralizadas ao Pazo de Goiáns.

  • "Contos para pasalo de medo" - Carmen Domech (xoves 6, 19.00h - Centro Social de Escarabote). 
  • "Canta música" - Pablo Díaz (venres 7, 17.30h - Centro Social de Cabo de Cruz). 
  • "Wombo Compo" - Galeatro (venres 7, 20.00h - Casa da Cultura de Boiro). 
  • "Maletas Viaxeiras" - Sabela Gago (sábado 8, 12.00h - Biblioteca Municipal de Boiro). 
  • Concerto Xisco Feijóo (sábado 8, 21.00h - Pazo de Goiáns). 
  • "Falar por falar" Volta e dalle (venres 14, 21.00h - Casa da Cultura) 
  • "Andar aos biosbardos" - Charo Pita (sábado 15, 12.00h - Biblioteca Municipal de Boiro). 
  • Proxección "Malencolía" - Ciclo de Cine Mestre Mateo (sábado 15, 20.30h - Centro Social de Boiro). 
  • "Botando a lingua a pastar" - Cándido Pazo (venres 21, 21.00h - Casa da Cultura de Boiro). 
  • "Golulá" - Galiton (venres 28, 20.00h - Casa da Cultura de Boiro).

Visitas teatralizadas ao Pazo de Goiáns - sabado 22, 17.30h e domingo 23, 11.15h. APRAZADAS (nova data: dias 5 e 6 de novembro)

Pasaxe do terror (sábado 29, 19.00h - local Leñaverde do Centro Social de Boiro). 

 

PRESENTACIÓNS 

Libro "Galeóns, vapores e motoras" de Manuel Gago (venres 14, 19.30h - Pazo de Goiáns). 

Libro "Papel de estraza" de Fernando Salgado e Juan Otero (venres 28, 20.30h - Pazo de Goiáns). 

 

EXPOSICIÓNS

"Residentes 2022" - proxecto do certame 'Residencias artísticas de Boiro 2022' (do 1 ao 28 de outubro no Pazo de Goiáns). 

"Nuestro Planeta" - Afundación (do 6 de outubro ao 21 de novemebro - Casa da Cultura de Boiro). 

 

OBRADOIROS 

"Construíndo o noso libro ilustrado" Minia Regos (sábado 1, 11.00h - Biblioteca Municipal de Boiro) 

"Debuxo urbano" para o alumando do bacharelato de artes (martes 4, 16.00h - Pazo de Goiáns). 

|