Mostra: Madeira de Escultor
EXPOSICIÓN ESCULTÓRICA CENTRO SOCIAL DE CABO DE CRUZ
A gran paixón deste autor, desde moi pequeno, foron as artes, e en especial o debuxo a lapis e tinta e traballar coa madeira. Dende o 2011 Arturo Vicente Potel converteuse no alumno e amigo do escultor Jontxu Argibay. Desde ese intre os seus traballos realizados perfecciónanse día a día, e tras estes anos traballando , hoxe na sala do Centro Social de Cabo de Cruz, baixo o título “Madeira de Escultor” pódese ver o reflexo dese gran interese e paixón en forma de escultura e debuxos.
A inauguración terá lugar o venres 13 de abril do 2018 ás 20:00h.
A exposición permanecerá aberta ao público durante todo o mes abril no horario oficial do Centro Social de Cabo de Cruz.