Maio Vintage Market 2026
O Concello de Boiro organiza o vindeiro sábado 2 de maio unha nova edición do Maio Vintage Market na rúa peonil de Boiro. A actividade conta coa colabroación da Asociación Boirense de Empresas e o grupo de voluntariado Turbina
Trátase da primeira gran festa da primavera que serve como dinamizador cultural e da hostalaría e que supón o inicio dos eventos ao aire libre, unha adaptación da festa dos maios que, noutra época, significaba o cambio de estación, a chegada do bo tempo e o rexurdir da terra.
Como en cada edición, o Maio Vintage Market implica ás asociacións culturais, colectivos, hostalaría, comercio… que amosan o gran dinamismo de Boiro. Ademais, haberá artista como Peter Punk, Jara Ortiz, Coro Cores, DJ Esteban ou DJ Toño Ferreirós. Tamén participan no Maio Vintage Market colectivos e asociacións como Ambar ou Turbina.
Ademais participan postos de artesanía, que se deben inscribir mediante o enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. As bases para a inscrición de postos están dispoñibles AQUI.
