Escolas Deportivas municipais 2022-23 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través do Departamento de Deportes, promove un ano máis as escolas deportivas municipais en diversas modalidades e para todas as idades. 

 

Información e inscricións

Departamento de Deportes - Casa da Cultura (Av. da Constitución nº30) 

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

981 84 84 25

 

PROGRAMA DEPORTIVO PERSOAS ADULTAS 

  • Ximnasia para persoas xubiladas

Barraña 1. luns, mércores, venres (16:00-16:50 h)

Pavillón de Barraña.

Barraña 2. luns, mércores, venres (16:50-17:40 h)

Pavillón de Barraña.

Escarabote. luns, mércores, venres (18:00-18:50h)

Pavillón de Escarabote.

Comezo: 3 de outubro

Inscrición: gratuíta

 

  • Bailes de salón

Horario: Martes (16:30-18:00 h).

Lugar: Centro Social de Boiro

Comezo: 6 de outubro.

Inscrición: gratuíta

 

  • Proxecto "Boiro actívate"

(Para persoas con patoloxías ou doenzas moi específicas)

Horario: Luns, mércores e venres (11:45-12:45 h)

Lugar: Pavillón da Cachada.

Comezo: 3 de outubro

Inscrición: gratuíta

 

  •  Tenis

 

Grupo 1. Mércores e venres (20:30-21:30 h)

Pavillón de Escarabote. Comezo: 5 de outubro

Grupo 2. Martes e xoves (21:00-22:00 h)

Pavillón de Valiño. Comezo: 4 de outubro

Grupo 3. Martes e xoves (20:00-21:00 h)

Pavillón de Valiño. Comezo: 4 de outubro

Grupo 4. Martes e xoves (22:00-23:00 h)

Pavillón de Valiño. Comezo: 4 de outubro

Inscrición: 70 Euros/curso

 

PROGRAMA DEPORTIVO INFANTIL E XUVENIL 

  • Programa de mellora da motrocidade

Educación Física de Base 1 (3/4 anos)

Martes e xoves (17:15-18:05 h). Pavillón de Barraña Comezo: 4 de outubro.

Educación Física de Base 2 (5/6 anos)

Martes e xoves (18:05-18:55 h). Pavillón de Barraña Comezo: 4 de outubro.

Inscrición: 50 Euros/curso

 

  • Tenis

Idades: maiores de 8 anos

Grupo 1. Luns (17:30-18:30 h) Pavillón de Praia Xardín e mércores (17:30-18:30 h) Pavillón de Valiño. Comezo: 3 de outubro

Grupo 2. Luns (18:30-19:30 h)  e venres (17:30-18:30 h) Pavillón de Praia Xardín. Comezo: 3 de outubro

Grupo 3. Luns e venres (16:30-17:30 h) Pavillón de Praia Xardín. Comezo: 3 de outubro

Grupo 4. Mércores e venres (19:00-20:00 h) Pavillón de Escarabote. Comezo: 5 de outubro

Grupo 5. Mércores e venres (19:30-20:30 h)

Pavillón de Escarabote. Comezo: 5 de outubro

Inscrición: 50 Euros/curso

 

  • Ciclismo

Dos 5 aos 16 anos.

Horario: Mércores sesión teórico-práctica (19:00-20:00 h) e sábados sesións prácticas 11:00-13:00 h).

Lugar: Pavillón de Praia Xardín

Comezo: 1 de outubro

Inscrición: pago licenza federativa

 

  • Atletismo

Idades: maiores de 6 anos

Lugar: Ximnasio do I.E.S. da Cachada e exteriores.

Horario: martes e xoves, das 17:00 ás 18:00 h (grupo 6 a 8 anos); das 18:00 ás 19:00 h (grupo 9 a 11 anos) e das 19:00 ás 20:00 h (grupo 12 a 14 anos).

Comezo:  4 de outubro

Inscrición: pago licenza federativa

 

  • Programa de promoción do voleibol

Luns a venres nos centros de ensino (CEIP) de Boiro. Comezo: 3 de outubro. Inscrición: gratuíta

 

  • Voleibol

Idades: maiores de 7 anos

Lugar: pavillón da Cachada

Horario: consultar segundo sexa masculino ou feminino e ano de nacemento.

Comezo:  3 de outubro

Inscrición: consultar segundo categoría

 

  • Xadrez

Iniciación e perfeccionamento (maiores de 7 anos)

Horario: (iniciación) mércores, das 18:30 ás 19:30 h e (perfeccionamento)  mércores das 19:30 ás 20:30 h.

Lugar: Casa da Cultura

Comezo: 5 de outubro. Inscrición: gratuíta

 

  •  Remo

A partir dos 11 anos. Requisito: saber nadar. Horarios : Consultar horarios, segundo categoría Lugar: Peirao de Cabo de Cruz.

Comezo: 1 de outubro

Inscrición: pago licenza federativa

 

  • PIiragüismo

A partir dos 8 anos. Requisito: saber nadar.

Horarios: Consultar horarios, segundo categoría

Lugar: Praia Xardín.  Comezo: 1 de outubro

Inscrición: pago licenza federativa

 

  •  Baloncesto

Maiores de 6 anos. Preminibasket, minibasket, infantil, cadete e xuvenil

Horarios: Consultar horarios, segundo categoría

Inscrición: consultar segundo categoría

 

  • Escola deportiva de triatlón

Maiores de 8 anos

Horario: martes e xoves, das 18:00 ás 20:00 h

Comezo: 4 de outubro

Inscrición: cota mensual segundo nivel.

 

  • Escola deportiva de natación

Maiores de 8 anos

De luns a sábado

Consultar horarios segundo a idade

Comezo: 3 de outubro

Inscrición: cota mensual segundo nivel.

 

  • Golf

6-16 anos

Sábados, 11-14 h ou 16-19 h.

Lugar: Campo Golf de Macenda

Comezo: 1 de outubro.

 

  • Vela. Escola Náutica de Boiro

8-16 anos

Sábados e domingos, das 10 ás 14 h.

Lugar: Marina de Cabo de Cruz

Comezo: 1 de outubro.

 

  • Patinaxe artístico

A partires dos 4 anos

Consultar horarios segundo idade/nivel

Lugar: Pavillóns Praia Xardín e Bealo

Comezo: 1 de outubro.

 

Descargas:
Download this file (Folleto.pdf)Folleto.pdf

Viaxe San Sebastián | Bandeira Kontxa 2022

O Concello de Boiro organiza unha viaxe a San Sebastián para asistir á Bandeira da Concha de Traíñas na que participa o equipo feminino no Club de Remo de Cabo de Cruz. 

Inscricións ata o mércores 7 de setembro ás 19.00 horas. 

O autobús está financiado polo Concello de Boiro e será gratuíto para as persoas inscritas, o gasto do aloxamento correrá a cargo de cada persoa. 

Inscricións e máis información

Oficina de Turismo de Boiro 

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

981 84 26 54 

 

Programa

VENRES 9
  • 23:45 H - Saída Cabo da Cruz
  • 00:00 H - Saída Cachada
SÁBADO 10
  • 10:00 H - Chegada a San Sebastián
  • 20:00 H - Saída para o Hotel Unzaga Plaza (Eibar) - 49 euros p/p (alojamiento + desayuno)
DOMINGO 11
  • Almorzo no Hotel, despois Saída a San Sebastián
  • 11:00H - REGATA FEMININA
  • 15:30 H - Saída cara Boiro
  • 01:30 H - Chegada a Boiro

Bolsas para deportistas 2021 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través da área de deportes, convoca as bolsas para deportistas federados da localidade para o ano 2021. 

A dotación total da convocatoria é de 7.500 euros, que se distribuirán en 5 bolsas de 300 euros, 10 bolsas de 200 euros, 16 bolsas de 150 euros e 16 bolsas de 100 euros. 

O BOP núm. 98 do 25 de maio de 2022 publica o anuncio da convocatoria. 

 

Prazo e presentación de solicitudes 

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro nos dez días hábiles posteriores á publicción no BOP do anuncio das bases deste programa de bolsas. 

 

Requisitos das persoas solicitantes 

- Estar empadroadas en Boiro 

- Ter entre 9 e 23 anos (data 31 de decembro de 2021) 

- Dispoñer de licencia federativa en vigor no momento da presente convocatoria 

- Ter participado na tempada precedente en: 

  • campionatos oficiais galegos, españois ou de nivel superior
  • convocatorias das seleccións galega ou española da especialidade 
  • probas oficiais de nivel competitivo igual ou superior aos campionatos galegos, así recoñecidas e acreditadas pola federación correspondente 
  • campionatos oficiais absolutos de liga 1ª, 2ª e 3ª categoría de cada especialidade

- Non sufrir sanción ou descualificación por comportamento antideportivo 

 

Veráns deportivos 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro organiza unha nova edición dos Veráns Deportivos con actividades e opcións para todas as idades. 

Consulta o progrma de actividades e horarios AQUI

 

Máis información e inscricións

Departamento de Deportes

Casa da Cultura de Boiro 

981 84 84 25 

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

Torneo Internacional Jealsa de futbol base - Concello de Boiro

Boiro acolle os días 28 e 29 de maio o Torno Internacional Jealsa de Futbol Base - Concello de Boiro, que terá lugar no Campo Municipal de Barraña en beneficio da fundación Aladina. 

Nel van participar un total de 60 equipos galegos, nacionais e internacionais que traerán a uns 900 rapaces e rapazas de entre 9 e 12 anos. 

|