Técnic@ de animación sociocultural a media xornada

O Concello de Boiro convoca proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/ha técnico/a superior de animación sociocultural a media xornada. A presentación de solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Boiro dende o luns 14/08/2017 ata o 22/08/2017 ás 13:30 horas. Tanto as bases como a instancia de solicitude desta convocatoria están a disposición dos interesados na Portería da Casa Consistorial e na páxina web www.boiro.org

|