Departamento de Igualdade
Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro
- Asistencia psicolóxica
- Asistencia xurídica
Horario e contacto
Asistencia psicolóxica
Luns e xoves de 10.00 a 15.00 horas
Mércores de 15.00 a 20.00 horas
> 981 84 48 00 ext. 1281 // 623 394 403
Asistencia xurídica
Martes e venres de 9.00 a 14.00 horas
Mércores de 16.00 a 21.00 horas
> 981 84 48 00 ext.1282 // 623 339 103
Asistencia 24 horas:
016 atención vítima maltrato
900 400 273 teléfono da muller
Caixa de correo da igualdade
Cuestionario anónimo e virtual a disposición da veciñanza para achegar ao Centro de Información á Muller de Boiro os problemas detectas en relación coa igualdade de oportunidade entre mulleres e homes e sobre violencias machistas no noso municipio, propostas e suxestión para o IV Plan de Igualdade municipal 2023-2028.
Accede ao cuestionario AQUI.
Manual de Identidade Corporativa | Concello de Boiro
Este manual de identidade corporativa recolle a correcta utilización da imaxe de marca do Concello de Boiro, os seus usos e adaptacións.
Para máis información ou para validar calquera publicación poden contactar con Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..
Imaxe principal
Negativo
Positivo
Descarga o Manual de Identidade Corporativa do Concello de Boiro AQUI.
[logotipos]
Declaración Institucional do Concello de Boiro en apoio ao pobo ucraíno
O Concello de Boiro sumase aos actos en solidariedade co pobo ucraíno que está a sufrir as consecuencias da invasión militar de Ucraína por parte de Rusia. E mostra o seu apoio a toda a poboación que está a sufrir, de maneira directa e indirecta, as tráxicas consecuencias desta guerra.
A corporación local de Boiro mostra así o seu respecto polo dereito internacional que foi vulnerado, así como polas accións encamiñadas á convivencia democrática, en defensa da legalidade e dos dereitos humanos, coa petición dun inminente alto o fogo e a retirada das tropas rusas de Ucraína.
Con esta declaración o Concello de Boiro mostra o seu apoio para que se realicen os esforzos necesarios para mobilizar recursos a fin de acoller a refuxiados provintes de zonas de conflito e pon a disposición de entidades e institucións a axuda que precisen para a acollida de cidadáns ucraínos que se ven na obriga a abandonar o seu país.
O Concello de Boiro mostra o seu firme rexeitamento e condena a esta e a outras guerras, así como a calquera acción que atente e vulnere os dereitos humanos.