Proceso selectivo: auxiliares Policía Local 2022

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación de cinco auxiliares de Policía Local na modalidade de persoal laboral temporal por un período de seis meses.

O Boletín Oficial da Provincia núm. 70 do 12 de abril de 2022 publica as bases da convocatoria, que se poden descargar aqui

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (02/05/2022), que pode consultarse aqui.

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (19/05/2022), que pode consultarse aqui

Publicada a corrección de erros de persoas admitidas e excluídas (24/05/2022), que pode consultarse aqui

Publicados os resultados das probas (26/08/2022), que poden consultarse aqui

Publicadas as puntuacións definitivas e convocatoria do sorteo (02/06/2022), que poden consultarse aqui

Publicado o desempate de puntuacións e proposta de contratación, que poden consultarse aqui

 

Forma e presentación de instancias

As solicitudes formalizaranse a través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas ou a través da sede electrónica. 

Documentación requirida: 

- Instancia de solicitude (ANEXO) 

- DNI 

- Certificado médico nos termos sinalados nas bases

- Certificado de estudos de lingua galega (Celga 3 ou equivalente) 

 

Requisitos das persoas aspirantes

- Estar en posesión do título en educación secundaria obrigatoria (ou equivalente)

- Estatura mínima de 1,65 para os homes e 1,60 para as mulleres 

- Certificado médico que faga constar que reúne as condicións físicas e sanitarias para as probas físicas 

- Cumprir os requisitos esixibles para o acceso ao sistema público de emprego

|