Proceso selectivo: técnico/a forestal (Galicia Suma Talento: rural activo 2026)

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación dun/ha técnico/a forestal durante 9 meses para a realización do servizo de prevención de incendios forestais nas faixas secundarias dos núcleos rurais do concello de Boiro en 2026 no marco das subvención para o fomento do emprego no medio rural (Galicia Suma Talento: rural activo). 

O sistema de accceso será mediante oposición e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal. 

Consulta as bases do proceso AQUI

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas (06/05/2026), que se poden consultar aqui

Convócanse aos aspirantes para o venres 15/05/2026 ás 09:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial do Concello de Boiro para a realización de todos os exercicios correspondentes á fase de oposición. 

 

Requisitos das persoas candidatas

- Pertencer a calquera dos estados asinantes do Tratado da Unión Europea, con coñecementos suficientes da lingua castelá e/ou galega. 

- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder aquela para a xubilación forzosa. 

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo. 

- Non estar afectado por motivos de incompatibilidade. 

- Estar en posesión da titulación de Técnico Superior en Xestión Forestal ou equivalente.

- Ser persoa desempregada inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia (SEPE). 

- Non ter sido contratado no programa Aprol Rural durante o ano 2025. 

|