Dúas novas máquinas de rehabilitación

Centro de Amicos en Comoxo

O centro de Amicos en Comoxo recibeu o pasado venres duas novas máquinas para rehabilitación grazas a solidariedade da peña boirense "Os Luns o Sol". Toda a recadación do encontro gastronómico organizado por esta entidade o pasado mes de xullo entre o Concello de Boiro e o municipio alavés de Elciego permitiu adquirir este novo material; o alcalde rioxano Luis Aldazábal quixo achegarse de novo a Boiro para estar presente nesta entrega.

|