Mais que comercio

Entrega de premio ao establecemento Deportes Hermida

A Directora Xeral de Comercio, Sol Vázquez entregou hoxe en Boiro o diploma ao establecemento Deportes Hermida que resultou o máis votado durante a campaña de Nadal "Mais que Comercio", tamén durante o acto no que estivo presente o Alcalde se entregaron os cheques os gañadores do concurso.

Ruta Marítima: O Cabaleiro das Cunchas

Presentación da VI Edición

D. Guillermo Hompanera director de ruta, D. Javier Grande presidente da Asociación Amigos da Ruta Marítima do Apóstolo Santiago organizadora, D. José Juan Durán Hermida Presidente de Portos de Galicia e o Alcalde presentaron hoxe o programa desta travesía que recalará en Boiro no mes de agosto

II Ruta Clásicos Comarca do Sar

Concentración de vehículos clásicos e históricos.

Boiro acolle esta concentración de vehículos clásicos e históricos o vindeiro domingo 13 de setembro de 2015 organizada polo club Clásicos da Comarca do Sar e na que colabora o Concello de Boiro.A caravana de vehículos estará formada por un número entre cuarenta e sesenta, algún deles con unha antiguedade dun século, sendo polo tanto pezas de colección, e de calquera maneira todos eles con máis de vintecinco anos.Entrarán en Boiro pola DP 1105 (Ctra. Noia) en Ponte Goians, seguindo pola AC 305 ata Escarabote enlazando co paseo marítimo, Praia Xardín, Avda. de Compostela, Avda. Constitución, rotonda de Cimadevila e Praza de Galicia, a que chegarán arredor das 13:30h para permanecer en exhibición durante aproximadamente unha hora.
|