II Ruta Clásicos Comarca do Sar

Concentración de vehículos clásicos e históricos.

Boiro acolle esta concentración de vehículos clásicos e históricos o vindeiro domingo 13 de setembro de 2015 organizada polo club Clásicos da Comarca do Sar e na que colabora o Concello de Boiro.A caravana de vehículos estará formada por un número entre cuarenta e sesenta, algún deles con unha antiguedade dun século, sendo polo tanto pezas de colección, e de calquera maneira todos eles con máis de vintecinco anos.Entrarán en Boiro pola DP 1105 (Ctra. Noia) en Ponte Goians, seguindo pola AC 305 ata Escarabote enlazando co paseo marítimo, Praia Xardín, Avda. de Compostela, Avda. Constitución, rotonda de Cimadevila e Praza de Galicia, a que chegarán arredor das 13:30h para permanecer en exhibición durante aproximadamente unha hora.
|