Exposición: 250 Meigas

Ata finais de febreiro de 2015 no Centro Social de Cabo de Cruz

É o título que recibe a exposición da colección privada de meigas de Isabel Campos.Unha afección que a levou a coleccionar mais de 250 pezas de meigas realizadas con distintos materiais (madeira, tela, cerámica, etc), de distintos tamaños e convertidas en diferentes obxectos destacando as asombrosas bonecas. A mostra poderá verse ata finais de febreiro do 2015 no Centro Social de Cabo de Cruz.
|