Campamento deportivo verán 2022 | Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña, a través da área de Cultura e Deportes, organiza uns campamentos deportivos durante o verán de 2022 que se van desenvolver entre os días 26 de xuño e 29 de xullo para os rapaces e rapazas de municipios da provincia.

Ao Concello de Boiro correspóndenlle 4 prazas entre os días 24 e 29 de xullo.

Este campamento está destinado a rapaces e rapazas nados entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2013 e vaise levar a cabo nas instalacións do IES Rosalía Mera da Coruña. O campamento engloba actividades deportivas e culturais como son deportes náuticos, xornada de praia, visitas culturais... con xogos e actividades que axuden a fomentar a comunicación, a convivencia, o respecto aos demais...

O prezo do campamento é de 85 euros, que se deberán aboar unha vez confirmadas as prazas nun número de conta que se facilitará ás familias. O importe inclúe o transporte interno, estadía e manutención en residencia, así como todo o gasto que ocasionen as actividades programadas.

 

Inscrición previa

Ata o 20 de maio, presentando no Rexistro Xeral do Concello de Boiro o formulario de inscrición dispoñible aqui

*No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, farase un sorteo público.

 

Máis información

Departamento de Deportes do Concello de Boiro 

Casa da Cultura de Boiro 

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

981 84 84 25

|