Seminario intensivo defensa persoal feminina | Deputación da Coruña

O Concello de Boiro acolle o seminario intensivo de defensa persoal feminina que organiza a Deputación da Coruña e que terá lugar o 12 de febreiro de 2022 en horario de 10.00 a 14.00 horas. 

O seminario está destinado a mulleres con idades comprendidas entre os 14 e os 70 anos empadroadas en calquera dos municipios da provincia. O número mínimo de inscricións requiridas para que se celebre a actividade é de 20. En Boiro o curso vaise levar a cabo no pavillón de Barraña, o sábado 12 de febreiro en horario de 10.00 a 14.00 horas.

O Concello de Boiro participa nesta iniciativa da Deputación da Coruña, que organiza oito edicións deste seminario no que as mulleres poderán ensaiar técnicas e estratexias para defenderse ante un intento de agresión, rompendo os mecanismos que bloquean e imposibilitan a reacción de resposta.

PROGRAMA 

Presentación e formación de grupos de traballo

Quentamento de práctica de técnicas

Como situarse, afianzarse, saber caer, saber levantarse, como manexarse no chan, moverse e desprazarse, así como manter a distancia. 

Técnicas de autodefensa

Estrutura, metodoloxía e técnicas de aprendizaxe. 

Protocolo de actuación no ámbito da defensa persoal

Distraer, sorprender, enganar, rexeitar, reaccionar, pedir axuda. 

 

Inscricións e máis información

Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro 

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

981 84 48 00 ext.1285

Un café co alcalde

O Concello de Boiro retoma o Café co alcalde, un programa de participación cidadá co que se busca chegar aos veciños e veciñas de todas as parroquias do municipio e atender as súas necesidades e demandas. A próxima xuntanza veciñal será o venres 26 de novembro, ás 18.00 horas, no Centro Social de Abanqueiro.

Estas xuntanzas comezaron a facerse no ano 2020 pero tiveron que paralizarse por mor da situación sanitaria da Covid-19, polo que se van retomar agora. A finalidade é que se poidan realizar de xeito periódico e xuntarse cos veciños e veciñas dos distintos núcleos de poboación para coñecer as demandas e necesidades conxuntas da veciñanza de cada lugar.

Con estas actividades o que se pretende é ter un contacto máis directo coa cidadanía e dar a oportunidade aos veciños e veciñas de que transmitan as peticións e demandas para activar un tipo de participación cidadá directa útil para a veciñanza e a administración. Estas xuntanzas pretenden servir como complemento ás xuntanzas veciñas individuais que o alcalde mantén de xeito semanal e coñecer as demandas colectivas.

Este formato de xuntanzas directas coa alcalde, á que asistirán tamén concelleiros e concelleiras do goberno, retómanse esta semana cun encontro coa veciñanza de Abanqueiro. A cita, aberta a toda a veciñanza do lugar será ás 18.00 horas no Centro Social de Abanqueiro.

Pacto das alcaldías para o clima e a enerxía sustentable (PACES) do Concello de Boiro

O Concello de Boiro traballa na elaboración dun Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACES), unha acción que ten como obxectivo elaborar un documento final cunha serie de tarefas que permitan acadar uns obxectivos medioambientais e que sirva como folla de ruta contra o cambio climático dende o Concello.  

Para a elaboración deste documento é fundamental a participación cidadá e coñecer a opinión da veciñanza sobre determinados aspectos medioambientais. 

Podes responder a enquisa AQUI

 

O Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable é unha iniciativa europea para que os gobernos locais implanten no seu territorio compromisos en materia de clima e enerxía da Unión Europea. O Concello de Boiro adheriuse en 2019 co compromiso de reducir as emisións de CO2, aumentar a eficiencia enerxética ou aumentar o uso de enerxías renovables. 

Para levar a cabo este proxecto o Concello de Boiro conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e tamén do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea, xa que está subvencionado ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable. 

Aulas educación para persoas adultas 2021-2022

A Concellería de Educación do Concello de Boiro abre o prazo de inscrición para as aulas de Educación Secundaria de Persoas Adultas para o curso 2021-2022. Estas ensinanzas para maiores de 18 anos que non posúan o título da ESO, ofrecen a posibilidade de adquirir, actualizar ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Entre os obxectivos específicos destas aulas están os de adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional, adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral actual. Os cursos son cuadrimestrais e o horario das clases van ser de luns a xoves de 20.00 a 22.00h, na Casa da Cultura Ramón Martínez López, coa intención de que sexan compatibles coa xornada laboral.

A Aula de Educación de Persoas Adultas do Concello de Boiro está adscrita ao IES San Clemente de Santiago de Compostela e o profesorado do centro desprázase a Boiro nas avaliacións. Ofértanse 50 prazas en catro módulos: 1º, 2º, 3º e 4º, podéndose realizar dous módulos  en cada curso escolar. Cada un dos módulos consta de diversos ámbitos: científico- tecnolóxico (matemáticas, bioloxía, física), ámbito lingüístico (galego, castelán, inglés ou francés) e o ámbito social.

Publicada a listaxe de persoas admitidas, que pode consultarse aqui

A presentación do curso será o martes 05/10/2021, ás 20.00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Boiro

Requisitos das persoas participantes 

Ter máis de 18 anos. 

Poderán matricularse menores de idade, cando acrediten suficiente e documentalmente algunha das seguintes circunstancias:

  • Non poder asistir regularmente a un centro ordinario na modalidade presencial por enfermidade ou discapacidade física.
  • Estar interno nunha institución penitenciaria ou en réxime pechado nun centro de reeducación de menores baixo a custodia da Vicepresidencia da Igualdade e Benestar.
  • O alumnado que acredite cursar ou ter cursado un programa de garantía social.
  • Desempeñar unha actividade laboral xustificada con documentación fidedigna da empresa e a alta na seguridade social, ou acreditar o compromiso para realizar un contrato en prácticas nunha empresa.
  • Cando concorran outras circunstancias de carácter extraordinario distintas das sinaladas anteriormente, a Delegación Provincial que corresponda poderá autorizar cursalas tralo informe favorable do Servizo de Inspección Educativa.

 

Prazo de presentación de solicitudes

As persoas interesadas na inscrición poden facelo presentando unha solicitude xunto co DNI e certificado de estudos realizados, no Rexistro Xeral do Concello. O modelo de solicitude (ANEXO I) que se pode descargar da ligazón deste mesma páxina ou recollela na Casa da Cultura Ramón Martínez López

Aquelas persoas que xa cursaran estudos na Aula anteriormente, so deben presentar a declaración de ter realizado estudos na mesma (ANEXO II). Este modelo pódese descargar da ligazón deste mesma páxina ou recollela na Casa da Cultura Ramón Martínez López.

O prazo de inscrición estará aberto do 10 ata o 27 de setembro.

O listado de persoas admitidas sairá o 30 setembro. Para formalizar a matrícula deberase aboar 40 euros

A matrícula e a folla de autoliquidación de taxas facilitarase o día da presentación do curso no mes de outubro.

 

Máis información

Departamento de Educación 

Casa da Cultura de Boiro 'Ramón Martínez López'

981 84 84 25

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

 

Convocatoria de axudas para a obtención do carné de conducir B e C

A Consellería de Política Social convoca axudas para o ano 2021 para a obtención dos permisos de conducir B e C para a mocidade galega. 

 

Requisitos das persoas solicitantes 

a) Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C e que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil.

b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antiguidade mínima dun ano.

c) Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia: https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action

d) Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude. 

 

Solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (13 agosto 2021)

 

 

Máis Información na convocatoria publicada no DOG 13-08-2021

 
|