BANDO INFORMATIVO | San Ramón de Bealo 2020
BANDO INFORMATIVO SOBRE A CELEBRACIÓN DE FESTEXOS EN SAN RAMÓN DE BEALO 2020
José Ramón Romero, alcalde do Concello de Boiro
FAI SABER:
Como consecuencia da situación de excepcionalidade provocada pola pandemia producida pola Covid-19, e logo de coñecer as medidas que se están tomando polas administracións autonómicas e nacionais en canto ás medidas de prevención, seguridade e saúde públicas na loita contra o coronavirus, o Concello de Boiro, para garantir a seguridade da poboación e prevención de rebrotes, expón que, con motivo dos festexos de San Ramón de Bealo
COMUNICA:
PRIMEIRO. Que nin o Concello de Boiro nin a Comisión de Festas de San Ramón de Bealo organizan este ano a romaría nin ningún dos festexos que son tradicionais nestas datas, motivo polo que non se celebrará ningún deles.
SEGUNDO. Como consecuencia do anterior este ano NON ESTÁ PERMITIDA a instalación de postos de restauración, hostalería, nin atraccións (lúdicas, musicais, etc.) na contorna da ermida de San Ramón.
TERCEIRO. Lémbrase que de acordo co artigo 1.4 do decreto 159/2019, do 21 de novembro, da Xunta de Galicia, a ACAMPADA TURÍSTICA ESTÁ PROHIBIDA fora dos campamentos de turismo autorizados.
O incumprimento das disposición citas será sancionado segundo o disposto na normativa vixente.
O que se fai público para o seu coñecemento e debido cumprimento.
En Boiro, 21 de agosto de 2020.
José Ramón Romero García
Alcalde