Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da Covid-19

O Diario Oficial de Galicia publica as bases reguladoras do Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da Covid-19

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas para facer fronte á situación económica motivada pola pandemia da Covid-19

Persoas beneficiarias

  • Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores por conta propia que teñan domicilio físico en Galicia e que teñan recoñecido o cesamento ordinario ou extraordinario de actividade.
  • Persoas traballadoras autónomas que, ademais de cumprir o requisito sinalado no parágrafo anterior, estean encadradas en sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada.

Entendese por actividade especialmente paralizada:

  • Lecer nocturno
  • Actividades económicas no ámbito das atraccións de feiras
  • Os negocios seguintes:
    • Transporte por taxi
    • Transporte marítimo de pasaxeiros
    • Transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores
    • Provisión de comidas preparadas para eventos
    • Actividades de exhibición cinematográfica
    • Actividades de axencias de viaxes
    • Actividades de operadores turísticos
    • Outros servizos de reservas e actividades relacionadas con eles
    • Organización de convencións e feiras de mostras
    • Artes escénicas
    • Actividades auxiliares ás artes escénicas
    • Xestión de salas de espectáculos
    • Actividades dos parques de atraccións e os parques temáticos
    • Outras actividades recreativas e de entretemento

Axudas

  1. 200 euros para as persoas traballadoras autónomas que teñan recoñecido o cesamento ordinario ou extraordinario
  2. 000 euros para persoas traballadoras autónomas que cuxa actividade económica estivera especialmente paralizada

 

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes dende o día seguinte á publicación das bases no DOG. O prazo abre o 19/11/2020.

As solicitudes deben presentarse de forma telemática, a través do formulario normalizado dispoñible como Anexo I na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada

 

|