Axudas ao alugamento de vivendas
O Concello de Boiro informa das axudas ao alugamento de vivendas do Plan estatal de Vivenda 2018-2021 que convoca a Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda.
Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamnto a secotres de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas
Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas.
Prazo de presentación
Entre o 31/03/2021 e o 30/04/2021
A presentación pode facerse a través da sede electrónica.
Máis información
Cita previa no Instituto Galego de Vivenda e Solo nos teléfonos de contacto 881 999 023 ou 881 999 197
Departamento de Servicios Sociais do Concello de Boiro
Teléfono 981 84 48 00 ext. 1285